Nota de prensa
O goberno de Cervo di que os socialistas saben que a Xunta arranxará o camiño ao cemiterio de San Román
-O executivo local non entende como o PSOE cervense pide unha actuación que xa ten consignación orzamentaria
-O goberno municipal asegura que os socialistas tiñan coñecemento de que a Xunta arranxará esta pista
Cervo, 25 de febreiro de 2012-O goberno de Cervo asegura que “por máis que o intentamos, non entendemos aos socialistas cervenses”, en referencia á petición feita por este grupo para arranxar o camiño que vai ao cemiterio de San Román. O executivo local non consegue comprender “como poden solicitar unha actuación que saben que xa está contemplada e que financiará a Xunta”. O goberno explica que o 31 de xaneiro entrou por Rexistro a aprobación do proxecto para arranxar esa pista á que eles fan referencia, e que ademáis xa ten consignación orzamentaria. “O máis grave é que eles, que van ao rexistro e se informan das comunicacións que nos chegan, saben que esa pista ten unha solución contemplada, e aínda así, insisten en pedir algo que xa temos tramitado”.
“Coñecemos a súa afección a facer trampas e terxiversar as cousas, por iso non nos extrañamos cando se botan medallas sobre a construcción da área de descanso e o aparcadoiro ao carón do camposanto ao que fan referencia”. Ditas actuacións “recibiron na mesma medida o apoio económico do Concello de Cervo”, explica o goberno cervense.
En canto ao arranxo dunhas pistas privadas das que falan os socialistas, “descoñecemeos a que se refiren xa que temos constancia de que todos os camiños e estradas que arranxamos son públicas”. Ao mesmo tempo “convidamos aos socialistas a facer memoria”, xa que “quizais se teñan confundido e se refiren a arranxos en vías privadas que foran pagados con cartos saídos da Deputación”.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



