Representantes da asociación A Mariña-COGAMI, con sede en Ribadeo, impartiron unha charla para dar a coñecer as pautas para a atención ao cliente discapacitado na hostalería. Nela expuxéronse os iferentes tipos de discapacidades e como atender a cada unha delas no sector. Ángel López aportou a súa experiencia dándolles bos consellos para o seu futuro profesional. Esta charla forma parte do módulo “Técnicas de Comunicación” que imparte Leticia Maseda.
