Nota de prensa 1/2
A FUNDACIÓN IMDECUM PRESENTA XUNTO A ANTONIO VEIGA O II ENCONTRO DO DEPORTE BASE NA MARIÑA
O fútbol sala cobrará protagonismo en Burela o sábado 17, cunha cita teórico-práctica do seleccionador nacional sub-21, Fede Vidal
A Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) presentou esta tarde en Burela o II Encontro do Deporte Base na Mariña, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de marzo, na vila mariñá. O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, acompañou o presidente e o vicepresidente da entidade, Marcelino Luna e Manuel Blanco, no acto para dar a coñecer unha xornada que terá como convidado de luxo ao seleccionador nacional sub-21 de fútbol sala, Federico Vidal Montaldo.
Antonio Veiga felicitou a Fundación mariñá por unha “iniciativa baseada no apoio á ensinanza e á xuventude”. “Imdecum naceu coa dobre vertente de formación e de atención aos máis novos entre as súas metas, tanto en Cultura coma en Deporte e, con ese obxectivo, a Deputación de Lugo colabora dende a creación da fundación” engadiu o vicepresidente primeiro.
Marcelino Luna e Manuel Blanco, pola súa banda, agradeceron o traballo que está a realizar a Deputación de Lugo en prol do deporte na Mariña, así como o apoio prestado pola Real Federación Española de Fútbol representada na figura do seleccionador nacional. Como peche da presentación, o presidente de Imdecum convidou “a todo o público interesado no deporte de base” á cita que se desenvolverá entre o IES Monte Castelo e o pavillón Vista Alegre.
Programa
Fede Vidal (Jerez de la Frontera, 1973), que compatibiliza a dirección da sub-21 coa preparación do combinado absoluto como segundo de Venancio López, abrirá a cita no IES Monte Castelo de Burela cun relatorio centrado no modelo de traballo e xogo sub-21, a partir das 10.30 horas, destinado adestradores, monitores, deportistas e público en xeral. O seleccionador nacional continuará o seu encontro co fútbol sala mariñán xunto á categoría cadete do Burela FS nunha sesión práctica no pavillón Vista Alegre (12.30 horas), na que se abordará a defensa e estratexia nas categorías de base. Xa pola tarde, o partido da Segunda División Masculina entre o Burela FS Pescados Rubén e o Oxipharma Granada clausurará a visita do técnico na bisbarra, baixo a organización de Imdecum e a colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación, o Concello de Burela e o CD Burela FS.
Nota de prensa 2/2
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA PRESENTACIÓN DO II ENCONTRO DE DEPORTE DE BASE NA MARIÑA
Esta xuntanza vaise celebrar este sábado, 17 de marzo, no IES Monte Castelo de Burela e no pavillón Vista Alegre
Antonio Veiga destacou “a importancia deste tipo de eventos na posta en valor do deporte de base na provincia de Lugo”
Lugo, 15 de marzo de 2012. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, así como o presidente da Fundación Indecum, Marcelino Luna Almarza, presentaron na tarde de hoxe, na sede da Fundación organizadora, o II Encontro de Deporte de Base na Mariña, que terá lugar o vindeiro sábado día 17 de marzo (hora e lugar), e que estará protagonizado polo seleccionador de España sub-21 de fútbol sala, Fede Vidal.
Son varias as actividades previstas para a xornada do sábado 17. Durante a mañá, haberá un relatorio de Fede Vidal, seleccionador español de fútbol sala sub-21, baixo o título “Modelo de traballo e xogo sub-21”, e que terá lugar no IES Monte Castelo de Burela. Tamén haberá unha sesión práctica, no pavillón Vista Alegre, baixo o título “Defensa e Estratexia” na que participarán o seleccionador nacional e a categoría cadete do CD Burela FS Pescados Rubén. Xa pola tarde, ás 18:30 horas, disputarase un partido da 23ª xornada da Segunda División entre o Burela FS e o Oxipharma Granada.
Antonio Veiga felicitou á Fundación Imdecum e ao Burela FS pola súa labor e por seguir apostando pola formación dos deportistas e destacou que “estes son os eventos que a medio e longo prazo lle van dar un importante sustento ao deporte, porque non nos queda outro camiño que apoiar aos que sempre estiveron facendo deporte, dende categorías inferiores, xa que esas categorías son as que van manter os clubs, e por aí e por onde teñen que ir todas as políticas e as liñas de axuda. Neste sentido, a Área de Deporte, unha vez máis, sigue apoiando ao deporte base, para o que unha vez máis destina 500.000 euros, polo que todas as entidades que queiran beneficiarse con estas axudas poden facer as solicitudes ata o 2 de abril do presente ano”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
