Nota de prensa:
A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE ORGANIZA EN COLABORACIÓN CON UNICEF A CARREIRA SOLIDARIA GOTAS PARA NÍGER O VINDEIRO 30 DE MARZO.
Burela, 23 de marzo de 2012. A Delegación de Medio Ambiente organizar en colaboración con Unicef a carreira solidaria Gotas para Níger. Será o vindeiro 30 de marzo ás 12 horas. O obxectivo desta iniciativa é informar e sensibilizar aos cidadáns da situación do acceso á auga e o saneamento que se vive no mundo mediante unha actividade deportiva.
Na carreira solidaria poderá participar xente de todas as idades. O custe do dorsal será de 1 euro e poderá adquirise ata o día 29 de marzo na oficina da Delegación de Medio Ambiente no Concello de Burela en horario de 8 a 15 horas e o propio día da proba de 11:30 a 12 horas na explanada da gardería. Segundo explica a edil Patricia López Eijo “haberá un dorsal cero que se poderá adquirir simbólicamente para colaborar coa campaña, sen necesidade de realizar o percorrido da carreira”. Xa confirmaron a súa participación o IES Monte Castelo, o IES Perdouro, a Fundación Eu Son, a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental, a Fundación Indecum e o Burela FS.
A saída situarase na explanada na gardería e despois de percorrer varias zonas e rúas da vila concluirá no parque do Campón. A concelleira de Medio Ambiente sinalou que “os participantes poderán sumarse ao longo do percorrido para facilitar a colaboración de todas as persoas con independencia da súa idade ou condición física. Non se trata de competir senón de colaborar na mellora das condicións de vida dos nenos de Níger. No seu beneficio celébrase esta carreira en Burela”.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



