RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ordenaralle á brigada de obras municipal que arranxe todos os estragos que ocasionaron as obras da autovía A-8 ao seu paso por este concello si a Demarcación de Estradas do Estado non o fai de inmediato. Suárez Barcia advirte que “si a Demarcación de Estradas non fai caso das nosas peticións eu, a pesares do risco no que me meto, darei instrucións á brigada municipal de obras para que proceda por conta dos nosos medios a arraxar da maneira en que sexa posible todas esas deficiencias. Unhas derramas que impiden que os veciños poidan sacar a madeira dos seus montes, ou que poidan acceder cos seus tractores ás súas fincas no monte por non estaren arranxados ditos camiños”. O rexedor de Ribadeo di que “isto é unha advertencia seria que eu fago despois da desesperación que me produce o feito de que pase o tempo e aquí o único que pasa é que non se fai nada por parte de quen ten a competencia e a responsabilidade”. Fernando Suárez lembra que xa hai meses “entre todos os grupos acordamos dirixirnos a Fomento para que nos fixesen caso, e non foi así”.
Arranxos pendentes
O alcalde di que “hai numerosas conexións de camiños do monte que quedaron cortadas e que se deben repoñer; hai numerosas deficiencias en varias rotondas, sobre todo en Vilaselán con cuestións de pluviais e fecais que quedaron mal amañadas e que a propia Demarcación recoñeceu que había que arranxar; hai determinados camiños que foron ocupados pola empresa concesionaria da adxudicación desas obras FCC Construcións que estragaron deliberadamente sen querer facerse cargo deses arranxos, aínda que parte deles a propia Demarcación nos comunicou que se farían despois de varias notificacións e varios acordos plenarios…”.
Fernando Suárez recoñece que “a día de hoxe non se fixo absolutamente nada, e dígoo eu que son bastante pausado e que entendo que estas cousas institucionais levan o seu tempo, pero quero constatar o tremendo e o profundo desapego que ten a Demarcación de Estradas do Estado do Ministerio de Fomento para con Ribadeo. Non entendo este trato, que me costa incluso traballo chegar a contactar co Xefe da Demarcación que está na Coruña… dificilmente puido contactar con el e cando o fago sempre é por escrito. Despois de moita presión todo o que nos comunicaron é que se ía facer, que ían dar orde ao contratista e finalmente non se fixeron cargo da nada”.
O alcalde engade que “digo isto coa paciencia colmada e despois de ter que padecer, e estou contento de facelo, as visitas da xente, dos veciños afectados que veñen falar comigo e eu non lles puido facer nada porque son ámbitos nos que o Concello non ten competencias. Si hai algo que está mal na A-8 non debe ir a brigada municipal de obras porque non é da súa competencia; si un camiño de monte hai que conectalo cun camiño de servizo da autovía non debe ser a brigada municipal a que o faga porque non está no ámbito das súas competencias e aquí son moi celosos para que outras administracións nos metamos no que non é competencia nosa, pero tamén son un pouco desdeixados por non facer o que teñen que facer”. Así explica Fernando Suárez a decisión que adoptará e que ven de anunciar nesta xornada.


























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



