NOTA DE PRENSA
Balseiro Orol explica que o Goberno de Feijóo creará Unidades de Atención Integral á Muller en cada comarca para desenvolver programas asistenciais específicos para elas que contarán cun médico de familia, un especialista en xinecoloxía, matronas, enfermeiras, psicólogas, traballodoras sociais e orientadores xuvenis
O GOBERNO DE FEIJÓO GARANTIRÁ A COBERTURA DO 90% DAS BAIXAS DOS FACULTATIVOS NOS CENTROS DE SAÚDE E URXENCIAS MÉDICAS
• A ausencia de substitucións é unha das causas da situación de colapso que aínda continúa en moitos centros de saúde da Mariña e no servizo de urxencias hospitalarias, e que trouxo consigo un feito inaudito: demoras e listas de espera na atención primaria.
A Mariña, 26 de febreiro de 2009.- Un dos cabalos de batalla do futuro Goberno do Partido Popular de Galicia será traballar para desterrar as listas de espera dos centros de saúde da nosa comarca. Por primeira vez na historia os mariñáns, como o resto dos galegos, vén demorada a súa cita para consulta co médico de cabeceira o para a prescrición de receitas. Unha das circunstancias que contribúen a provocar este colapso da sanidade máis próxima é a falta de substitución dos facultativos e outros traballadores dos centros de saúde, algo que pon de relevo a falta de previsión do departamento autonómico de Sanidade -en mans da socialista Maria Jose Rubio- e implica un incumprimento do plan de mellora da atención primaria que obriga a substituír o 90% das baixas deste persoal.
Para atallar esta situación o candidato número tres do Partido Popular pola nosa provincia, Jose Manuel Balseiro Orol, explicou que a súa formación política comprométese a garantir a cobertura das baixas dos facultativos nos centros de saúde e nas urxencias médicas nun prazo non superior a tres días “e facelo ademais do xeito que a propia lexislación obriga segundo o plan de mellora da atención primaria asinado entre Sanidade e os colectivos en defensa do sistema público de”. Os populares multiplicarán as prazas de MIR naquelas áreas sanitarias máis deficitarias e fomentarán a contratación estable dos facultativos de tal xeito que eviten que a precariedade no sistema dea lugar a que moitos médicos marchen de Galicia en busca de mellores oportunidades laborais, e non existan demandantes de emprego cando é preciso cubrir unha baixa.
PROCEDEMENTO PERVERSO
Ata o momento multiplícanse os casos na nosa comarca nos que Sanidade nin contratou persoal para efectuar as substitucións do persoal de baixa, nin habilitou medidas como a prolongación de xornada dos facultativos dispostos a elo coas correspondentes retribucións naqueles períodos de maior intensidade das consultas -época de gripe,…-. Pola contra, Sanidade optou polas intersubstitucións, é dicir, un mesmo médico debe atender aos seus pacientes e aos dos compañeiros ausentes, o que provoca longas esperas e unha atención máis deficiente por falta de tempo. Este feito, cualificado polo candidato popular como un “procedemento perverso para a cailidade asistencial” está a provocar casos como os rexistrados nos centros de Saúde de San Ciprián, Foz ou Burela, onde un mesmo médico se viu obrigado a atender dúas consultas, coa conseguinte redución do tempo dedicado a cada unha delas
UNIDADES DE ATENCIÓN INTEGRAL Á MULLER
Por outra banda, Balseiro Orol explicou que o Goberno de Feijóo creará Unidades de Atención Integral á Muller en cada comarca para desenvolver programas asistenciais específicos para elas que contarán cun médico de familia, un especialista en xinecoloxía, matronas, enfermeiras, psicólogas, traballodoras sociais e orientadores xuvenis.
Entre a carteira de servizos destas Unidades asistenciais están a Prevención cancro xenital: ecografía vaxinal e citoloxía, programas de detección precoz cancro de mama, indicación e vacinación fronte ao papilomavirus HPV, fisioterapia de drenaxe linfática para mulleres operadas de cancro de mama. planificación familiar, reprodución asistida, de acordo ao catálogo de prestacións do servizo galego, prevención das enfermidades de transmisión sexual, preparación ao parto, atención ao embarazo e parto, asistencia e asesoramento á muller embarazada sobre os recursos de protección oficial existentes que lle permitan culminar o embarazo, consulta perimenopausia, prevención e atención a casos de violencia machista.
CENTRAL DE CHAMADAS
Os populares tamén comprométense a reorganizar a central de chamadas para citas de atención primaria, actualmente privatizada en prexuízo do usuario que en ocasión asume un custo de chamada excesivo. O PPdeG propón que se guie o control do servizo polos tempos de resposta por un operador e non por unha máquina que nos deixa en espera durante uns tempos inaceptables.
Os populares entenden que todos os galegos con independencia da súa idade, lugar de residencia, ou problema de saúde, teñen dereito a vivir e desfrutar da vida con saúde, e polo tanto a recibir uns mesmos servizos sanitarios e da mellor calidade no menor tempo posible.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



