CIG A Mariña anima a toda a cidadanía a que secunde a Folga Xeral e participe nos actos que para ese día a central sindical ten convocado.
A un día da xornada de Folga, son moitas as empresas visitadas, as asembleas abertas realizadas, a información achegada á veciñanza mariñá dos contidos da Reforma Laboral e dos nefastos efectos que esta vai producir non só nos dereitos laborais da clase traballadora senón tamén, na confianza e no poder adquisitivo da maioría social e ,por ende, no consumo e polo tanto na boa saúde dos negocios, comercios, e pequenas e medianas empresas. Esta é unha Reforma que só beneficia a uns poucos, moi poucos e moi poderosos. E faino á conta da maioría social, a costa de recortar dereitos e precarizar a practicamente todo o conxunto da sociedade.
Logo de todo ese proceso de información , chega o momento de que todo ese malestar xeral, que esa indigación colectiva se exprese conxuntamente mediante a única arma que como clase traballadora temos para defendernos: a organización, a loita, A FOLGA.
E hai moitas formas de facer folga. A máis clásica, a evidente , é non acudir a traballar o xoves 29. Sabemos que é un esforzo importante. Pero que son uns euros comparado ao que tiveron que entregar compañeiras e compañeiros no pasado, que nalgún caso ata deron a vida, por dereitos que hoxe nos queren arrebatar dun plumazo?
Sabemos que ademáis de económico tamén é un esforzo persoal, de expoñerse ante o xefe. Porque desa coacción parece que moitas veces non se fala pero existe. Nese caso animamos aos pequenos e medianos empresarios, comerciantes e demáis que reparen nos efectos que pode ter para os seus negocios unha baixada xeral dos salarios. Que lles importa poder despedir un pouco máis barato se non hai clientes que sosteñan a súa actividade? Se reparan niso, non só serán comprensivos con aqueles empregados que decidan secundar a folga senón que eles mesmos se sumarán á mesma pechando os seus negocios.
Pero se decimos que esta reforma é un ataque á sociedade no seu conxunto, como tal temos que respostar. E hai máis formas de mostrar o noso rechazo a este tipo de medidas. Unha delas é a Folga de consumo. Por un lado hai moita xente que, por desgraza, se atopa neste momento en situación de desemprego, hai tamén parte da
sociedade que non é poboación activa, por idade, por saúde etc,… que non ven na Folga clásica opción de mostrar o seu malestar. Pois unha maneira é non consumindo nada durante a xornada do xoves. É algo simbólico e pouco costa facer a compra na xornada anterior ou posterior. E , por outra banda, tamén é unha forma de non “premiar” a aqueles negocios que abran en detrimento dos que non o fagan, nin “premiar” a aqueles empresarios, que os hai, que presionen á súa plantilla para que acudan a traballar.
Por último animamos a todos os veciños e veciñas da comarca, traballadores con emprego, traballadores desempregados, a toda a sociedade en xeral a participar na manifestación que a CIG tén convocada para poñer o colofón á xornada de Folga. Na nosa comarca a manifestación será en Foz, con saída do Concello ás 19.00h.
Porque é moito o que nos xogamos, porque é moito o que tivemos que loitar para chegar a ter os dereitos que agora nos queren arrebatar, polo futuro… o 29M FOLGA XERAL!!!!!
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



