GONZÁLEZ BARCIA E REY PICHEL REUNÍRONSE HOXE EN SANTIAGO PARA ANALIZAR A INCIDENCIA QUE TEÑEN AS DIRECTRICES MARCADAS POR PATRIMONIO NO PXOM. DESPOIS DE SEMANA SANTA PRODUCIRÁSE UN ENCONTRO ENTRE OS TÉCNICOS DE AMBAS ADMINISTRACIÓNS E O EQUIPO REDACTOR DO DOCUMENTO.
Burela, 29 de marzo de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e o director xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel, mantiveron esta mañá unha xuntanza en Santiago de Compostela para analizar a incidencia que teñen as directrices marcadas por Patrimonio no PXOM.
O rexedor explicou que “foi unha xuntanza cun certo cariz político e adoptamos o acordo de que o mes que ven a partires de semana santa se celebre unha reunión na que participen técnicos da propia Dirección Xeral de Patrimonio, con técnicos do Concello de Burela e con técnicos do equipo redactor do noso PXOM para ter unha valoración sobre a incidencia que teñen no plan xeral as directrices marcadas por Patrimonio”.
González Barcia dixo que “será despois cando adoptaremos algún acordo de consenso para que o PXOM recolla tanto os intereses do Concello como as liñas de Patrimonio. A reunión técnica terá lugar á volta de semana santa, e é posible que se celebre máis de unha”. O alcalde de Burela indicou que “entre o Concello e a propia Dirección Xeral de Patrimonio hai un ánimo constructivo que vai favorecer a posta en común das distintas visións que temos todas as partes”.
Remitido

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



