A Asociación de veciños do burgo de Trasbar está traballando desde fai un tempo nun acto que vai ser moi especial para os/as veciños/as e para unha muller que foi mestra en Trasbar durante 15 anos, dona Isabel Molares, á que todos os seus antigos alumnos recordan con moitísimo cariño. Un sentimento que nos foron transmitindo aos seus fillos e fillas.
A homenaxe terá lugar o domingo 29.04.2012 a partir das 17.00 h no Local social de Trasbar.
Poden participar todas aquelas persoas que foron alumnas desta mestra en Trasbar, sexan socios/as ou non.
Se algunha persoa que desexara acomparñarnos ese día pero que por algún motivo non pode estar presente, pode facernos chegar unha dedicatoria ou aquelo que lle quixera transmitir a dona Isabel a través desta conta de correo (burgodetrasbar@yahoo.es) ou ben por correo postal As Donas, 3, Trasbar, 27 888 Cervo, Lugo. Prazo límite: 25.04.2012.
Envíolles foto dos trofeos e dos gañadores dos campionatos de tute e parchís I edición organizados pola Asociación de veciños do burgo de Trasbar, que tiveron lugar no Local social de Trasbar de xaneiro a marzo do 2012.
Tute
Mención especial de última hora para a parella que máis renuncios fixo durante o campionato do tute para a parella formada por Dolores e Josefa.
Parella peor puntuación: Mari Carmen Alonso e Adela Fernández
3º premio: Ramón Fanego e Abelardo Lestegás
2º premio: Beningno Díaz e Eladio Rúa
1º premio: Manolo Otero e Suso
Parchís
Parella peor puntuación: Kevin Pedre e Iván Pedre
3º premio: Dolores Díaz e Gemma Ramos
2º premio: Suso e Noelia Cao
1º premio: Julio Lamelas e Geni Piñeiro
Os premios entregáronse ao remate dunha churrascada na que participaron todas as persoas inscritas no campionato e ás que lles queremos agradecer a súa participación nesta actividade. Moitas grazas a todos!





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



