Foz a 3 de marzo de 2012
A Delegación de Cultura do Concello de Foz da comezo á programación cultural co motivo da Semana Santa 2012.
O programa da semana da música comeza mañá mércores:
Mércores 4 de abril de 2012—Basílica de San Martiño MÚSICA
Ás 20,00 h. Concerto do Grupo de Música Antiga 1500 – Eamus videre… o ciclo da Semana Santa a traverso da música antiga.
Venres, 6 de abril— Basílica de San Martiño MÚSICA
Ás 12,00 h. Misa e concerto co Coro Parroquial de Foz
Ás 18,00 h. Misa procesión coa Banda de Música de Foz e a actuación de Iria Bermudez e Fátima Rodríguez que interpretarán canto litúxico.
Sábado, 7 de abril— Sala Bahía PROGRAMACIÓN INFANTIL
Ás 18,30 h. TALÍA TEATRO poñerá en escea a obra CARTA URXENTE PARA MÁXIMO TOXO
Sábado, 7 de abril— Basílica de San Martiño MÚSICA
Ás 20,00 h. Misa e concerto da Coral Polifónica de Burela
Domingo, 8 de abril— Basílica de San Martiño MÚSICA
Ás 12,30 h. Misa e concerto do grupo SAX-40
Domingo, 8 de abril— Igrexa Parroquial de Foz MÚSICA
Ás 19,00 h. Misa e concerto da Coral Polifónica de Burela
Esperando sexa do seu interes, aproveito a ocasión para saudala moi atentamente.
A Concelleira de Cultura, Educación, Deportes, Muller e Xuventude
Dna. Mercedes González Alonso
Talía Teatro
Artur Trillo Sendón
Talía Teatro nace no ano 1988 no Concello de Cee como grupo de teatro afeccionado vinculado á asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee.
No ano 1996, despois de se constatar a evolución da compañía e despois de certas críticas e premios, decidiu dar o salto ao sector profesional.
• Obra/Espectáculo
• Carta urxente para Máximo Toxo
• Texto promocional
• Preséntovos a Máximo Toxo, gran escritor, aínda que pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando acadar a obra perfecta, o libro polo que será recordado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas). O seu carácter rosmón e antipático, e a súa alerxia ao contacto con outras persoas, fan del un verdadeiro ogro, alleo a todo o que acontece máis alá da súa vivenda.
Por outro lado atoparedes a Belinda, que traballa como carteira, aínda que con ansias de progresar. É unha muller alegre e chea de vitalidade, algo inxenua (máis ben un pouco parva), e sempre confía na xente que a rodea.
Aínda que Belinda reparte o correo pola veciñanza de Máximo Toxo, nunca tivo ocasión de coñecelo… ata hoxe. O xefe de Correos fíxolle un encargo a Belinda: entregarlle ao señor Toxo unha carta importantísima en persoa.
• Duración
• 50 min
• Público
• Infantil 4-10
Grupo 1500 (curriculum)
O grupo 1500, dirixido por Andrés Díaz, é unha formación vocal e instrumental adicada á interpretación da música antiga. O seu repertorio abrangue dende a música composta nos séculos centrais e finais da Idade Media, ata a música do Renacemento e primeiro Barroco, tomando como referente central o ano 1500 que da nome ao grupo.
Os e as e compoñentes de 1500 contan cunha ampla traxectoria concertística, sendo membros ou colaborando con outras formacións de ámbito nacional e internacional, e teñen ofrecido numerosos concertos en Galiza, España e no resto de Europa.
Na interpretación e elaboración dos diferentes programas, o grupo busca o máximo rigor histórico e conceptual, empregando, ademáis, un amplo repertorio de instrumentos medievais e renacentistas.
Ademáis da súa actividade concertística, o grupo de Música Antiga 1500 desenvolve outro tipo de proxectos relacionados coa música, dende a súa concepción e deseño, ata a súa execución: bandas sonoras para audiovisuais e teatro (1500 prestou a banda sonora para a curta Cadea Perpetua ou o documental O mariscal), concertos, guías e materiais didácticos para as diferentes etapas do ensino, recitais de poesía e música e concertos monográficos de temática específica para diversas conmemoracións.
Dende a súa creación, o grupo ten ofrecido un grande número de concertos nos máis diversos escenarios.
MARÍA GIMÉNEZ (voz e percusión)
BELÉN BERMEJO (voz e organetto)
JOSÉ IGNACIO CASTRO (sacabuche e frautas)
VÍCTOR BLANCO (guitarra barroca, guitarra renacentista e arpa)
ROBERTO SANTAMARINA (fídula e violín barroco)
ANDRÉS DÍAZ (frautas, chirimía, baixón, vihuela e guitarra renacentista e dirección)
SAX-40
! O Cuarteto de Saxos SAX-40 nace co obxetivo de poder facer chegar o repertorio de
música para cuarteto de saxos a todos os públicos, sobre todo ao público infantil, e cunha
dobre finalidade, que sirva de entretemento e que sexa didáctica ao mesmo tempo.
! No seu repertorio, o grupo combina música de distintas xeografías e estilos para
tratar de adaptarse á sociedade multicultural de hoxe en día.
Os integrantes deste grupo son:
JUAN CARLOS PALLEIRO MOSQUERA( saxo soprano)
JOSE MARIA BLANCO PAMPIN ( saxo alto )
JOSE LUIS FERNANDEZ CARREIRAS( saxo tenor)
JOSE LUIS BAO VALIÑO(saxo barítono)






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



