O Presidente Provincial do PP de Lugo é consciente de que son uns orzamentos duros pero afirma que é o que hai que facer para correxir a herdanza envelenada do anterior goberno socialista
Barreiro: “son uns orzamentos pensados para paliar a situación dos que peor o están pasando coa crise económica e o desemprego”
• “O Goberno Central subiu en pensións, non rebaixou o salario dos funcionarios e non subeu o IVA”
• “Hai que acometer un axuste moi duro, 27.300 millóns de euros, que significa renunciar a moitos programas de gasto para equilibrar canto antes os Orzamentos”
• España será fiable no 2012, o que favorecerá a recuperación económica, xa que se vai cumprir a previsión de déficit público do 5.3%
• Ante unha situación límite necesítanse uns orzamentos excepcionais
• Galicia, é a segunda comunidade con máis inversión no 2012. Recibirá 1.706 millones, un 9,48 % máis que no 2011, o que supón un 13 % do total estatal
• Lugo lévase case a metade do orzamento, que destina o Ministerio de Fomento,a estradas, a Galicia. Aproximadamente, 130 millóns de euros
Lugo, 3 de abril.- O Presidente do Partido Popular na provincia de Lugo, José Manuel Barreiro e o Deputado nacional, Joaquín García Díez, acompañados polos demáis Senadores e Deputados Nacionais pola provincia lucense, fixeron balance esta tarde dos Orzamentos Xerais do Estado para este ano 2012.
“Estamos nunha situación crítica que conleva un axuste moi duro, o máis austeiro da democracia, con medidas extraordinarias, para cumprir o compromiso ineludible de reducir o déficit público, tal e como agarda a Unión Europea tra-lo compromiso de España. Son uns orzamentos que plantexan o maior axuste fiscal da historia da Democracia, ata 27.300 millóns de euros e son a garantía de que imos cumprir o obxectivo do 5.2% de déficit”- manifestou Barreiro.
O Presidente dos populares lucenses afirmou que a herdanza envelenada do goberno socialista foi tal (lembra os máis de cinco millóns de parados) que agora o Goberno do PP vese na obriga de acometer un axuste moi duro para por orde onde ata o de agora só houbo un auténtico desorden.
“O Estado vai apretar o cinto coma o viñeron facendo as empresas e as familias españolas, ata un recurte de gastos nos ministerios dun 17%, polo que as contas públicas en España van a deixar de ser unha lousa sobre a economía de España”- afirmou Barreiro
O Deputado Nacional, Joaquín García Díez recoñeceu que son os orzamentos máis austeiros da democracia, pero que ante unha situación límite necesítanse uns orzamentos excepcionais, que están destinados a por orde onde hai un auténtico desorden.
Manifestou García Díez que Galicia, é a segunda comunidade con máis inversión no 2012 e que recibirá 1.706 millones, un 9,48 % más que en el 2011, o que supón un 13 % do total estatal rexionalizado
O Ministerio de Fomento prevé invertir en Galicia 1.598.405 millóns de euros, unha cifra que supón un aumento de preto do 17% (16,95% concretamente) con respecto as contas do Estado para o 2011. Á provincia de Lugo destínase unha maior cuantía orzamentaria adicada a estradas.
“Falamos aquí dun total de 160 millóns de euros, dos cales 129.9 millóns van destinados a estradas e 29.1 millóns para ferrocarril. Se a estas cantidades, lle sumamos que empresas e sociedades estatais contan con 18 millóns, temos un resultado de 178.8 millóns de euros no Capítulo 6, Ministerio de Fomento”-manifestou García Díez.
Este ano 2012, malia a estar nunha época de crise económica e ser uns orzamentos austerios, para Lugo o Ministerio de Fomento, destina 28 millóns de euros máis que o ano pasado. (Lugo lévase case a metade do orzamento, que destina o Ministerio de Fomento a estradas, en Galicia, aproximadamente, 130 millóns de euros)
García Díez lembrou que malia a mala situación económica, o Ministerio de Fomento, vai facer fronte as expropiacións. Lembrou Díez que o Ministerio presuposta 600 millóns de euros para toda España, dos que á provincia de Lugo lle corresponden 38,8 millóns que o Ministerio de Fomento quere pagar en 2012
Dixo Joaquín García Díez, que España non pode permitirse o luxo de gastar outra vez, como no ano 2011, 90.000 euros máis por enriba dos ingresos e lembrou que os ministerios terán unha medida de reducción do 16.9%, máis de 27.000 millóns de euros.
No ámbito do ingreso, aclarou Joaquín García Díez que non vai a subir o IVA para non perxudicar o consumo e a recuperación económica e afirmou que se pedirá un esforzo no Imposto de Sociedades, un programa de regulación fiscal para as grandes empresas.
Barreiro e García Díez recoñeceron que son uns orzamentos moi duros, insistiron en que é o maior esforzo de consolidación fiscal da democracia, pero insistiron na súa necesidade para saír desta situación de emerxencia, que non é outra que paliar esta conxuntura/tesitura dos que o peor o están pasando coa crise económica e o desemprego.
BALANCE CEN DÍAS DE GOBERNO
O Presidente dos populares lucenses e Voceiro do PP no Senado tamén fixo unha valoración dos cen días de Goberno do PP en España. Afirmou Barreiro que ao actual goberno central, tocoulle facer en 2 anos, o que os socialistas non foron capaz de facer en 8.
Afirma Barreiro que se levaron a cabo moitas reformas, que van a continuar, que teñen como obxetivo xerar o crecemento e creacción de emprego, e que son as axeitadas e necesarias para producir un efecto no futuro; “se continuamos por este camiño reformista, o noso país va a sair adiante e fortalecido. Estamos ante unha situación moi difícil pero sabemos o que facemos, xa que temos un plan de goberno que se vai a seguir desenvolvendo.”-manifestou.
Lembrou Barreiro que se o goberno anterior houbese cumprido o seu plan de déficit do 6%, no 2011, este ano teríamos que recurtar 18.000 millóns de euros menos e outros 10.000 menos o vindeiro ano. De ahí que o goberno central se virá na obriga de adoptar uns presupostos duros e dolorosos pero que son a única opción para non ir a peor”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



