Remitido
As cifras dos recurtes na loita contra o lume proban as mentiras da conselleira
10 de abril de 2012. Perante a insistencia da conselleira de Medio Rural e Montes Rosa Quintana en vender que non houbo recurtes na loita contra o lume, ADEGA tira de datos oficiais (orzamentos públicos de 2012 na web da Consellaría de Facenda) para comprobar que a diminución das distintas partidas orzamentarias relacionadas coa xestión forestal é evidente dende 2009. A “perda” orzamentaria na Dirección Xeral de Montes, organismo competente na prevención e extinción de incendios, é no 2012 de máis de 45 millóns de euros con respeito a 2009. Deles, 16 millóns de € corresponden a investimentos directos en prevención. Quedan pois en evidencia as mentiras recurrentes dunha conselleira e o proceder dunha administración cómplice que prefire mirar ao ceo e chamar pola UME que traballar polo futuro dos nosos bosques.
Como dicía José Saramago: “As verdades hai que repetilas moitas veces, para que non veñan, pobres delas, a caer no esquecemento”. Non se pode nin se debe negar a realidade, xa que os datos poden poñela na túa contra. Se comparamos os orzamentos do ano 2012 fronte aos do ano 2009 a perda orzamentaria da Dirección Xeral de Montes é de máis de 45 millóns de euros. Unha baixada do 23%, aínda que no 2012 fronte ao 2009 a Dirección Xeral de Montes perdeu as competencias na Industria Forestal e gañou o Centro de Investigacións de Lourizán, pola reestruturación de consellerías efectuada por Feijóo no ano 2009.
Os investimentos directos na prevención e extinción de incendios sufren unha caída do 27% (baixada de 16 millóns de euros entre o ano 2009 e o 2012); aos que temos que sumar tamén a caída dun 37,8% (case 7 millóns de euros) nos investimentos nas producións forestais, que son no fondo tamén unha forma activa de facer prevención.
Rosa Quintana segue afirmando que o operativo antiincendios ronda os 95 millóns de euros desde o ano 2008, mais os matices orzamentarios falan doutros números. Así o concepto orzamentario de investimento prevención e extinción de incendios (11.06.551B.601.1) pasou de 21.851.205 euros no ano 2009 a 16.444.533 euros no ano 2012 (o que supón unha redución de case 5,5 millóns de euros ou equivalente a un 25%). Outra das partidas orzamentarias chave é a adicada a servizos externos para a extinción (11.06.551B.640.1), no que se inclúe o reforzo de verán através de SEAGA, que pasou de 29.700.000 euros no ano 2009 a 23.082.376 euros no ano 2012 (redución de 6.617.624 euros ou o equivalente a un 22,28%). Tan só se incrementa nun 4,62% a partida orzamentaria adicada a persoal laboral de extinción (fixo e fixo discontinuo), mais que choca coa caída do 5,96% no personal funcionairo: técnicos e axentes dos distritos forestais que tamén participan na prevención e extinción de incendios. E hai que ter en conta que persoal fixo non se están cubrindo nin baixas nin xubilacións, o que supón que a execución orzamentaria sexa menor. A conselleira tampouco menciona a redución do reforzo de verán (actuacións destinadas a SEAGA e extinción de incendios) que é significativa con respeito ao ano 2009
Desde ADEGA sempre mantivemos que para reducir a incidencia dos lumes era millor investir en prevención que en extinción. A realidade demostra que aínda que a redución é patente nos dous ámbitos é moito máis acusada na prevención e ordenación de montes. Eis onde radica unha parte das responsabilidades da administración no problema dos lumes que a Xunta prefire agochar e camuflar con mentiras en lugar de afrontar.










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



