A Deputación aproba o 1º acordo marco para dotar ós Concellos de equipamento enerxético e reducir a súas facturas
– A institución pactará coas empresas a compra e instalación de lámpadas, válvulas termostáticas ou programas de rego con fondos europeos, aforrando 1,1 millóns de euros ós municipios
– Os beneficiados serán as 46 entidades locais que aceptaron que a Axencia Provincial da Enerxía realice auditorias nas instalacións municipais que desexen, aforrándolles outros 10.000 euros
– O BOP publicará mañá as bases deste concurso e do Plan Integral Agropecuario Forestal para que as entidades interesadas nestes proxectos de Lug02 coñezan os requisitos e presenten ofertas
– A Xunta de Goberno adxudicou obras de mellora na CP-1804 en Chantada con 74.000 euros
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou hoxe que a Xunta de Goberno vén de aprobar o 1º acordo marco da Deputación para aforrar cartos ós Concellos, dotándoos dun equipamento enerxético que lle permita reducir os seus gastos de luz, agua e gas. Martínez explicou que dito acordo conleva que a institución pactará cun máximo de 6 empresas e cun mínimo de 3 a adquisición e instalación en dependencias municipais de materiales como lámpadas LED, válvulas termostáticas, programas de rego ou detectores de presenza. “Só os gastos de luz nun Concello de 5.000 habitantes ascenden ós 200.000 euros ó ano. Co equipamento axeitado, podemos reducir a factura nun 25%”, destacou.
O organismo provincial asumirá todos os custes destas actuacións con fondos europeos, aforrando 1.100.000 euros ós municipios. Este presuposto procede de Lug02, o programa medioambiental, cofinanciado nun 70% pola Unión Europea.
Os municipios beneficiados son os 46 que conforman o Club dos Concellos Renovables. É dicir, aqueles que aceptaron a proposta da Deputación para que a Axencia Provincial de Enerxía lles realice auditorías enerxéticas nas instalacións que elixan -Casas Consistoriais, pavillóns deportivos, casas de cultura….- co fin de detectar posibles problemas de eficiencia enerxética e plantexar fórmulas para aforrar custes. Estes traballos tamén son financiados ó 100% pola institución provincial, aforrando ós Concellos os 10.000 euros que supoñen segundo os prezos do mercado.
As entidades locais nas que, nos vindeiros meses, se realizarán as auditorías e, posteriormente, froito destas avaliacións, se dotarán de novo material enerxético son: Abadín, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Bóveda, Burela, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Fonsagrada, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pontenova, A Pobra do Brollón, Pol, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.
Mañá, o Boletín Oficial da Provincial publicará as bases destes concurso para, transcorridos os prazos legais, todas as empresas interesadas presenten as súas ofertas.
Este é o primeiro acordo marco da Deputación como “fórmula de continuar na racionalización e optimización do gasto público en subministracións, servizos ou obras”, tal e como se comprometeu a realizar o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, durante este mandato. O obxectivo, afirmou, é xerar unha central de compras na Deputación con novos acordos marco.
Plan Integral Agropecuario Forestal
Precisamente, cumprindo as previsións anunciadas onte por Besteiro, a sesión aprobou hoxe os pregos de 1 millón de euros, tamén procedentes dos fondos europeos de Lug02, que integran o Plan Integral Agropecuario Forestal. Ó igual que no caso anterior, mañá o BOP publicará as bases deste concurso para que as empresas interesadas coñezan os requisitos e presenten as súas ofertas. Como mínimo, deberán garantir formación eminentemente práctica e gratuita sobre agricultura e gandeiría ecolóxica, así como aproveitamento forestal sostible, para unhas 900 persoas. Ademais, posteriormente, terán que prestar asesoramento ós participantes destas accións formativas para a creación de, a lo menos, 15 novas empresas agropecuarias-forestais na provincia. A previsión da Deputación é adxudicar este proxecto en xuño para iniciar, de xeito inmediato, a primeira fase que é a de captación e sensibilización cidadá.
Obras en Chantada
A Xunta de Goberno tamén acordou a adxudicación das obras de mellora da estrada CP-1804, de Touza por Belesar a LU-533, no Concello de Chantada, por valor de 74.000 euros. Estes traballos consisten no ensanche e afirmado de 3 puntos deste vial nos que se localizan curvas moi pronunciadas e perisosas. Concretamente, sitúanse nos quilómetros 2,370, 4,900 e 5,670. As actuacións, que se poderán iniciar en maio, teñen un prazo de execución de 1 mes.
Remitido























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



