Finde pasado por auga. As previsión cumprironse desta volta “en abril augas mil” e a choiva estivo indo e vindo perante toda a tarde do domingo día 15 polo que a 10ª xornada da LNB tivo que ser trasladada dende Celeiro ao pavillón de San Miguel como xa ocurrira co Aberto da Tarta de Mondoñedo.
Contra o mal tempo boa cara, e así a familia billardeira fixo fronte o frío da tarde a base de paus e bo ánimo. O chan do pavillón é imprevisible e dalle un plus de dificultade a xogadores acostumados os espazos abertos mentres beneficia a outros mais moderados no seu golpexo. Un so golpe pode darche a victoria ou chimparte fora da carreira. Así se comprende a cantidade de varados acadados: dezaoito en total que bate o rexistro anterior de 14 na xornada 4ª tamén xogada no pavillón de San Miguel.
Novo rexistro tamén de puntos dun equipo, os Billardeiros Musicais acadan 36 de 40 posibles (cos 9 de Hugo serían 37, pero non puntúa para equipo por figurar como palanador reserva), que os convirte matemáticamente en Campións da Conferencia.
En varados Eric cos 2 conseguidos nesta xornada da un gran brinco e ponse con 9 a 3 de diferencia dos seus máximos rivais e perseguidores.
En individuais nembargantes Markytos non tivo o día e ve reducida a vantaxe de seis a só dous puntos por riba de Daniel que amiaza con desvancalo na derradeira xornada. Con razón se queixaba por ter que xogar en pavillón, foi o seu peor resultado na tempada con so 4 puntos de 10 posibles.
A ausencia de Reyes nas dúas derraderias xornadas fixolle perder toda opción o podio, nembargantes sigue a ser a Campiona indiscutible da donas.
Como xa comentamos o terreo era propicio para as sorpresas, e a boa fé que habelas houbo. A falta dunha carreira so dous xogadores mantiñan o pleno. Coedo (Billardeiros Musicasi) que se enfrontaba a Geni (Os Outros) e Balea (Bateas) que tiña por rival a Lucas (Remourelle Bulls). Todos dabamos por seguro que Balea o tiña feito, xa que Lucas é un dos principiantes e so participara en dúas xornadas, e Geni pola contra non era facil rival para Coedo, en pavillón é quen de lle gañar a calquera, de feito e a dona que xunto con Reyes mais finais xugou, foi Campiona Nacional no 2009 e gañou una volta en Lugo e este mesmo ano na Conferencia norleste en Perillo.
Saltou a sorpresa, Balea chimpou a billarda fora por dúas voltas e Lucas foi paseniño achegándose ata traspasar o varal diante do de Portonovo. Pola contra Coedo mantívose firme e rematou gañando a Geni polo que ao tempo se proclamou campión do aberto con 10 puntos sobre 10.
So cederon un empate e remataron con 9 puntos, Franco, Hugo e Juan dos Billardeiros Musicais e Guille de Os Outros. Da loita entre eles polo segundo e terceiro posto a cuatro carreiras quedaron fora Franco e Juan acadando Guille o 2º posto e Hugo o 3º.
Os tres vencedores recibiron de mans do delegado de Cultura e Deportes Antonio Veiga un trofeo e unha bolsa co “marisco de cortello” obxeto do Aberto.
Clasificacións equipos: Billardeiors Musicais 314 puntos, Os Outros 268 puntos e Remourelle Bulls 253 puntos.
Individual: Markytos 79 p., Daniel, 77 p., Regueiro 73 p., Eric 71 p., Franco 69.
Varados: Eric 9. Guille, Charli e Regueiro 6. Luis 5. Daniel, Markytos e Martiño 4.
So falta a derradeira xornada de Remourelle que esta fixada para o sábado 12 de maio. En Remourelle saberanse o resto de Campións (en equipos xa o son os Billardeiros Musicais) e a xente clasificada para as finais de Conxo, pero denantes teremos a disputa do Xerro do Salnés en Xil-Meaño o 29 deste mes de abril.
Remitido























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
