ARRINCA O CORRELINGUA 2012
O próximo xoves, ás 18:30 h, no IES Monte Castelo de Burela, representantes dos equipos de Normalización Lingüística da Mariña reunirémonos para preparar o CORRELINGUA 2012, que este ano se celebrará en Viveiro.
O Correlingua celebrarase o 16 de maio, o día antes do Día das Letras Galegas, e A Mariña será a meta desta carreira a prol da lingua galega que comezará o día 2 de maio en Ourense e percorrerá Ferrolterra, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo, Baixo Miño, O Morrazo e Ribeira Sacra.
O lema baixo o que se correrá é GALEGO. TODO O QUE BUSCAS, e o manifesto gañador que fai referencia a el lerase en todas as festas finais.
Na reunión do próximo xoves ultimaranse os preparativos da carreira da Mariña: participantes, percorrido da carreira, actuacións… Como todos os anos, está prevista a participación de prácticamente todos os centros de secundaria e varios de infantil e primaria. Cóntase que sexa exitoso, como todos estes anos, e que participen arredor de 1500 escolares..