A CONCELLARÍA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE FORMACIÓN PARA O TRABALLO. SERÁ IMPARTIDA POR TÉCNICOS DE BENESTAR E TRABALLO DE LUGO E TERÁ LUGAR MAÑÁ ÁS SETE DA TARDE NA CASA DO MAR.
Ribadeo, 18 de abril de 2012. Técnicos/as da delegación territorial de Lugo da Consellería de Benestar e Traballo estarán mañá xoves, 19 de abril, ás 19:00 horas na Casa do Mar para informar de varios temas de moita actualidade e importancia para o mercado laboral como poden ser os certificados de profesionalidade, as competencias clave e a formación asociada. Tamén se presentará nesta charla a Rede Eures que ten como obxecto asesorar, informar e apoiar na busca de traballo en países europeos.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, explica que “por unha banda abordáranse os certificados de profesionalidade que acreditan con carácter oficial as competencias profesionais que capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral con significación no emprego. Trátase, por tanto, de proporcionar aos traballadores a formación axeitada para adaptarse ao mercado laboral, de informarse sobre cómo poden acadar estas competencias, ben a través de formación, ben a través da acreditación da experiencia”.
Na mesma charla daráse a coñecer a Rede Eures, que conta cunha oficina en Lugo, que ten como misión proporcionar o asesoramente e busca de emprego a traballadores/as e empresarios/as, así como informar sobre as diferentes oportunidades de emprego e das condicións de vida e de traballo no Espacio Económico Europeo.
A cita terá lugar na Casa do Mar, mañá xoves, 19 de abril, ás 19:00 horas na Casa do Mar. Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local animan “a todos e todas a participar nesta charla onde se abordarán os diferentes sectores profesionais e que pode ser unha oportunidade que abra as portas ao mercado laboral neste momentos tan complexos”.
Remitido





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



