ECONOMÍA E INDUSTRIA PON A DISPOSICIÓN DOS CONCELLOS GALEGOS 2,2 MILLÓNS DE EUROS PARA A MODERNIZACIÓN DOS SEUS PARQUES EMPRESARIAIS
A través da convocatoria que hoxe se publica no Diario Oficial de Galicia financiarase ata o 90% dos custos subvencionables e posibilitarase o pago de anticipos de ata o 80% da axuda concedida
Con esta nova achega súmanse máis de 8,5 millóns destinados á liña de Parques Empresariais na lexislatura
Nesta nova edición apóianse iniciativas de aforro e eficiencia no gasto enerxético, novas plantas de depuración de augas, xestión de residuos, vías de acceso ou a instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia
Santiago, 18 de abril de 2012.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas da Consellería de Economía e Industria para que os concellos galegos incorporen ou renoven as infraestruturas nos parques empresariais municipais, dotada con 2,2 millóns de euros. Isto supón duplicar as aportacións do pasado exercicio, sumando unha dotación total de máis de 8,5 millóns de euros na lexislatura.
Esta liña está orientada a facilitar aos municipios galegos a modernización dos seus parques empresariais, de xeito que posibilitará financiar ata o 90% dos custos que sexan considerados subvencionables e permitirá o pago de anticipos de ata o 80% da axuda concedida.
Con estas medidas faise máis accesible aos concellos a posta en marcha de melloras que aumenten a calidade do solo industrial, que poden ofrecer ás industrias que se instalan e xeran postos de traballo en Galicia. Nesta edición, estímase que ao redor de 35 parques empresariais poderán beneficiarse desta liña, coa que será posible chegar a máis de 120 parques apoiados na lexislatura, uns 70 parques máis que no período anterior.
En concreto, con estas axudas a Consellería de Economía e Industria apoia iniciativas como a dotación de servizos centralizados de xeración e subministración de enerxía de cara ao aforro e a eficiencia no gasto enerxético, novas plantas de depuración de augas, xestión de residuos, vías de acceso aos parques empresariais ou instalacións de sistemas de seguridade e vixilancia.
Tal e como se ten feito nas devanditas convocatorias da liña, as axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, establecendo un proceso de valoración obxectivo e transparente. Deste xeito, a Xunta de Galicia aposta pola mellora das infraestruturas de apoio ao tecido empresarial da Comunidade.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



