Mocidade pola Normalización Lingüística
A multitude de apoios recibidos e a boa acollida das asembleas e repartos informativos nos centros de ensino fan prever “unha folga masiva” este 19 de abril
As organizacións convocantes da xornada reivindicativa no ensino medio medio chaman o estudantado a “parar” mañá as aulas como mostra de “compromiso” e “responsabilidade” co futuro da lingua
Máis de 20.000 estudantes seguen os eventos relacionados coa folga creados en redes sociais como tuenti e seguen a aumentar as mencións ao #19Aestudantespologalego en twitter
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2012.- A folga estudantil en defensa do galego que está chamado a secundar todo o alumnado de 2º ciclo de secundaria, bacharelatos e ciclos formativos de grao medio e superior de Galiza continúa a sumar apoios e adhesións a menos de 24 horas do seu inicio.
Se a pasada semana confirmaban o seu apoio á convocatoria a organización xuvenil Galiza Nova, a área de Mocidade de Esquerda Unida e a Mocidade Nacionalista Galega (MNG), cando faltan xa poucos días para a folga multiplícanse os apoios individuais e colectivos, de xuntas de delegadas/os do alumnado de centros de ensino medio de todas as comarcas galegas ou mesmo de asembleas organizadas polo propio estudantado en apoio ao paro.
As organizacións convocantes da xornada de folga que terá lugar esta quinta feira (xoves) 19 de abril: A Mesa pola Normalización Lingüística e a súa sección xuvenil, a Mocidade pola Normalización Lingüística; os Comités; a Liga Estudantil Galega e o Sindicato de Estudantes continuaron na mañá de hoxe a informar nos propios centros de ensino medio das razóns do paro reivindicativo por medio de repartos e asembleas informativas que, segundo explican, “están a ter, polo xeral, unha extraordinaria acollida” por parte do estudantado.
Hoxe mesmo realizáronse de novo repartos simultáneos nas portas de varios institutos nas sete principais cidades galegas, como xa acontera tamén a pasada terza feira (martes). Paralelamente, en moitos centros de secundaria e FP as xuntas de delegadas/os xa fixeron chegar a súa adhesión á convocatoria. “É, sen dúbida, un bo indicativo de que o paro vai ter un respaldo masivo na maioría dos centros e en todas as etapas chamadas a o secundar”, explica Sara Seco, responsábel nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística.
Outro “bo térmometro” do impacto da convocatoria é, segundo indican as organizacións convocantes, o apoio “tremendo” que está a chegar á folga do día 19 a través das redes sociais; a primeira folga estudantil en defensa da lingua na que, de feito, se empregan estas “novas” ferramentas de difusión social.
Os apoios son especialmente numerosos en tuenti, rede social empregada moi maioritariamente pola xente nova, onde os distintos eventos sobre a folga suman xa máis de 20.000 apoios. Tamén se contan por centos os apoios recibidos a través de facebook e as mencións diarias á convocatoria a través de twitter, mediante o hashtag #19Aestudantespologalego, cuxo uso vai en aumento a medida que se achega o inicio da xornada reivindicativa de mañá.
As organizacións convocantes, así como as apoiantes, chaman a todo o estudantado de ensino medio a secundar a folga de mañá como un “xesto de compromiso e responsabilidade co futuro do galego”; compromiso e responsabilidade que, aseguran, “é o que lle falta ao goberno galego, ao conselleiro de Educación e Cultura e ao propio presidente Núñez Feijóo cando atacan a nosa lingua”.
“Chamamos á folga con independencia de cal sexa a lingua que se use no día a día”, indicou Sara Seco. “Do que se trata”, en opinión da dirixente das Mocidades da Mesa, “é reivindicar que siga a avanzar e non esmoreza unha lingua que é de todas e de todos nós”.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



