- RadioVoz emitirá este venres desde Foz un programa especial para toda a provincia
Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto, cos presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena, co hostaleiro Pepe Rivera e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, que está a piques de rematar, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o deporte local.
- Desde o 23 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 30 rapacxs de entre 6 e 19 anos, participaron dous días á semana nun curso de pádel que se levou a cabo dentro da programación de verán ofertada polo Concello de Xove
Durante os meses de verán tamén se organizou por un grupo de xóvenes do Concello unha liga deste deporte. Estas actividades están organizadas polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.
- O Circuíto Galego de Teatro Amador chega a Foz
O ciclo está organizado polo grupo Pico do Castro. Todos os venres deste mes haberá actuación na Casa da Cultura. A primeira, este 5 de setembro, con Rutinas de Max Teatro ás 20 horas.
- Acto de clausura do curso 2024-25 da Escola Municipal Infantil de Cervo
Un día moi especial, cheo de emocións e alegría no que se celebraron os progresos de todos os nenos e nenas da escola e, sobre todo, despediron con moito agarimo a aqueles que xa dan o gran paso cara ao cole dos maiores. Román, Hugo, Lucas, Gala, Ainara, Brian, Valentina, Luna, Raquel e Bea. Houbo medallóns e agasallos para todos, e diplomas e orlas para os que se gradúan este ano. Despois compartiron unha pinchada con familias e peques, e gozaron de actividades divertidísimas: pintacaras, globoflexia e moito máis.
- Ambulancias Burela renova o patrocinio co CD Burela FS
A súa implicación e compromiso foi vital para a supervivencia do proxecto laranxa e a súa continuidade é un dos piares sobre o que se apoia o futuro do club, que mantén firme a súa convicción polo deporte en igualdade.
- Convocado o XI Concurso de Fotografía Medioambiental 'Xove, a súa costa e o seu mar'
Está é a undécima edición. Poden participar todas as persoas que o desexen con fotos da costa de Xove. As bases están en www.xove.es.
- A exposición "Encontros de Xolo coa Arte" chega á Casa da Cultura de San Cibrao
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.