FERNANDO SUÁREZ VALOROU DE XEITO MOI POSITIVO A MANIFESTACIÓN CELEBRADA ONTE NA VILA PARA RECLAMAR A CONSTRUCCIÓN DUNHA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE. O REXEDOR AGARDA QUE A XUNTA TOME BOA NOTA DO ACONTECIDO E RECIBA Á COMISIÓN QUE REIVINDICA ESTA INFRAESTRUCTURA.
Ribadeo, 23 de abril de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valorou de xeito moi positivo a manifestación celebrada onte na vila para reclamar a construcción dunha residencia da terceira idade. O rexedor dixo que foi unha das máis grandes da historia de Ribadeo e agarda que a Xunta de Galicia tome boa nota do acontecido e reciba á comisión que reivindica esta infraestructura.
O rexedor dixo que “foi unha das manifestacións máis grandes da historia de Ribadeo. Esta concentración de homes e mulleres da vila, das parroquias, do concello e doutros concellos cercanos, que tamén se achegaron aquí, é un exemplo de civismo, de compromiso e de que os que alí estivemos representantes políticos, representantes do pobo, quedou ben claro que antepoñemos os intereses de Ribadeo por enriba de calqueroutro interese político ou partidario”.
Suárez Barcia sinalou que “a pesares da inclemencia do tempo, houbo un momento no que choveu de xeito importante, a chuvia parece que nos fixo máis fortes, dado que non se moveu ninguén en todo ese momento. E iso é unha mostra da evidencia da determinación coa que estamos tomando en Ribadeo a necesidade de ter unha residencia máis grande da que xa temos. Ribadeo é certo que ten unha residencia, pero é moi pequeniña, funciona moi ben, pero é moi pequeniña. Ribadeo ten máis de 10.200 habitantes, ten máis de 800 persoas maiores de 80 anos, e ten máis de 545 persoas maiores de 65 anos que viven soas, polo tanto é unha necesidade. Ribadeo non quere ser máis que ninguén, pero tampouco menos, tal e como dicía onte algún membro da plataforma”.
O alcalde ribadense tamén valorou de xeito moi positivo que “representantes políticos da Deputación Provincial de Lugo estiveran aí para apoiar, pero tamén para evidenciar o seu compromiso. Valoro moito a pancarta na que estivemos todos os portavoces da Corporación Municipal, aínda que non estiveramos todos os concelleiros, pero sí todos os portavoces e valoro que sigamos a traballar cóbado con cóbado”. Fernando Suárez engadiu que “agardamos desde a comisión que a Xunta tome boa nota disto e principie por recibirnos e ao mesmo tempo que Ribadeo forme parte do mapa autonómico de residencias para poder seguir dando pasos e que este punto e seguido que significou a manifestación chegue a ter un compromiso firme en non moito tempo”.
Remitido
























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



