A Consellería, por medio do Igape, apoiou con esta liña a máis de 3.000 pemes e mobilizou 40 millóns de investimentos no que vai de lexislatura
O PROGRAMA INNOEMPRESA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DESTINA CASE 5 MILLÓNS DE EUROS A MELLORAR A CAPACIDADE INNOVADORA DAS PEMES
Este ano acadarán apoios de especial intensidade os proxectos que se comprometan á creación de emprego, especialmente para membros dos colectivos de máis difícil acceso ao mercado laboral
Tamén se valorarán de xeito especial os proxectos localizados nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte, que teñen maiores posibilidades de acceder aos apoios
O prazo para a presentación de solicitudes polas empresas interesadas será dun mes, a contar desde mañá
Santiago, 23 de abril de 2012.- A Consellería de Economía e Industria destina 4,8 millóns de euros a financiar as axudas para facilitar a incorporación da innovación aos procesos e produtos das pemes galegas, de acordo coa convocatoria do programa Innoempresa que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. O obxectivo deste programa é facilitar o financiamento de iniciativas empresariais orientadas á mellora da competitividade empresarial a través do incremento da capacidade innovadora das pemes.
Co Programa Innoempresa, a Xunta de Galicia, por medio do Igape, leva apoiada a innovación empresarial, no que vai de lexislatura, en máis de 3.000 pemes facilitando a mobilización de investimentos por 40 millóns. O balance de 2011 foi especialmente positivo, ao sumar 1.320 empresas apoiadas, en boa medida grazas aos proxectos colectivos.
As axudas reguladas polo programa Innoempresa para 2012, cofinanciado con fondos Feder a través do Goberno do Estado, veñen a cubrir as necesidades de apoio a pequenas e medianas empresas no ámbito da innovación, tanto no que se refire á elaboración de novos produtos como á posta en marcha de novos procesos dentro dunha empresa, ou na incorporación de cambios e melloras. O prazo para a presentación de solicitudes polas empresas interesadas será dun mes, a contar desde mañá.
Como unha das principais novidades, na regulación do programa Innoempresa increméntase este ano o baremo de avaliación para primar os proxectos que se comprometan á creación de emprego, especialmente nos colectivos de máis difícil acceso ao mercado laboral e continúanse a valorar de xeito especial os proxectos localizados nas provincias de Lugo e Ourense e nos concellos de Ferrolterra e Costa da Morte, que teñen maiores posibilidades de acceder aos apoios.
Ademais, para calcular a porcentaxe de subvención valorarase especialmente este ano un maior grao de innovación, eficacia e impacto; inclúense igualmente modificacións salientables encamiñadas a actualizar as axudas á innovación en áreas coma a liña para a adopción de novos modelos empresariais innovadores.
O Programa Innoempresa, xestionado pola Consellería de Economía e Industria a través do
Igape, inclúe medidas dirixidas a incrementar a capacidade innovadora das pequenas e medianas empresas –especialmente aquelas que teñan vocación de crecemento e capacidade de xerar innovación- como medio para aumentar a súa competitividade; outros dos seus obxectivos son os de contribuír ao crecemento sostible e, en consecuencia, favorecer o emprego e a xeración de riqueza.
O plan desenvólvese a través de tres liñas básicas de actuación: Innovación organizativa e xestión avanzada; Innovación tecnolóxica e calidade; e Proxectos de innovación en colaboración. Os proxectos de innovación en colaboración gozan de prioridade absoluta fronte aos proxectos individuais das pemes e acadan ás máximas intensidades de axuda do programa. As tres liñas están baseadas na utilización de instrumentos e procedementos de xestión xa contrastados para impulsar a promoción da competitividade das pemes mediante a innovación.
A Consellería de Economía e Industria considera de importancia estratéxica as iniciativas e os proxectos que promoven a innovación aberta nas pemes, como vía preferente para asegurar o mantemento das súas vantaxes competitivas a medio e longo prazo. Iso é o que se procura a través do programa Innoempresa, promovendo e apoiando, ao mesmo tempo, a cooperación entre sociedades.
Remitido










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



