O VINDEIRO SÁBADO, 28 DE ABRIL, ARRINCA A SEGUNDA PARTE DO CICLO MÚSICAS POSIBEIS. SERÁ COA ACTUACIÓN DA CANTANTE ANGOLANA ALINE FRAZAO. RIBADENSES E VISITANTES PODERÁN DISFRUTAR DE SEIS CONCERTOS ATA O MES DE NOVEMBRO.
Ribadeo, 23 de abril de 2012. A segunda parte do ciclo Músicas Posibeis, que organiza o Concello de Ribadeo, arrinca o vindeiro sábado, 28 de abril, coa actuación da cantante angolana Aline Frazao. Seis son os concertos dos que poderán disfrutar ribadenses e visitantes ata o mes de novembro. Esta programación musical foi presentada esta mañá na Casa da Xuventude polos concelleiros de Cultura e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra e Xavier Campos.
Campos lembrou que “esta programación musical xa leva anos facéndose e está xa asentada en Ribadeo. Nos primeiros meses de 2012 centróuse en propostas de moita calidade e moi interesantes no ámbito do jazz, que desenvolvemos grazas a un convenio de colaboración con Rafael Monteavaro e nesta segunda metade do ano a programación mantén a atención ao jazz, pero céntrase tamén un pouco máis nas músicas de autor e na música tradicional e folk. E facémolo desde unha perspectiva de vínculo entre a música e os músicos galegos con músicas e músicos internacionais”.
O edil nacionalista anunciou que “a primeira proposta terá lugar este sábado, 28 de abril, no Cine Teatro cunha cantante angolana Aline Frazao, que ven de sacar o seu primeiro disco Clave Bantu no que mistura as músicas de autor coas músicas tradicionais de Angola. É unha muller que leva anos traballando en Portugal e agora en Galicia, vive en Santiago de Compostela, e presenta o seu primeiro disco en Ribadeo”.
O 19 de maio actuará en Ribadeo o grupo Primordiais, formado por músicos de conservatorio que se moven entre a música tradicional e o jazz. “O 16 de xuño teremos un dos pratos fortes da programación que é Ugía Pedreira, xa por todos coñecida como vocalista de Marful, Nordestinas, Chouteira… unha das músicas máis recoñecidas do panorama galego, que presenta o seu disco Acróbata, que grabou xunto a Fred Martíns, un músico brasileiro de longa traxectoria no seu país natal. Acróbata foi editado o ano pasado e recibiu moi boas críticas tanto a nivel galego como de estado. Non tiveran a ocasión de presentalo en Ribadeo e aquí estarán o vindeiro mes de xuño”, seguiu a relatar o concelleiro de Mocidade.
Xavier Campos indicou que “despois teremos un parón durante o verán porque é unha época na que se desenvolven moitas actividades culturais en Ribadeo ao aire libre e a finais de setembro retómase o ciclo Músicas Posibeis. O 29 de setembro temos unha proposta de jazz de altísima calidade, trátase de Alejandro Vargas Trío, un trío de jazz cubano con músicos de moita traxectoria nese país e que agora teñen vínculos profesionais e persoais con Galicia e queremos aproveitar para poder disfrutalos en Ribadeo. O 13 de outubro teremos unha proposta que mistura músicos cubanos con músicos galegos vinculados á Central Folque que se chama Jazzología e rematamos o 17 de novembro co dúo Fernández e Quintá, que nos ofrecerán os temas dous seus últimos discos de música folk e tradicional”.
O concelleiro de Mocidade subliñou que “con estes seis concertos pecharemos o ciclo Músicas Posibeis en 2012. É un ciclo que se caracteriza por apostar pola calidade e por propostas diferentes. Pensamos que co diñeiro público e desde este ámbito debemos apostar por difundir propostas de moita calidade e que non contan con resortes mediáticos para aparecer en radiofórmulas ou noutro tipo de soportes que os comuniquen co público. E un pouco o papel dun Concello coma o noso é darlle visibilidade a propostas de alta calidade que o merecen e que podemos disfrutar como amantes da música”. Campos e Álvarez Lastra consideran que “esta programación mantén a Ribadeo como o referente comarcal do que é unha proposta cultural e musical constante, de calidade e atractiva tanto para os que vivimos aquí como para os que nos veñen visitar”.
Vinilos
Por outra banda, a Casa da Xuventude levará adiante nas vindeiras semanas unha campaña de doazón/recollida de vinilos. As persoas que queiran donar algún vinilo a esta iniciativa poden facelo dirixíndose a esas instalacións. Hoxe o concelleiro de Mocidade, Xavier Campos, protagonizou a primeira doazón con tres vinilos de Os Resentidos.
Remitido
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



