O Grupo Municipal do PSdG-PSOE fai un repaso das súas intervencións no Pleno celebrado este xoves no Concello de Foz.
Constitución da Mesa Local de Comercio. Neste punto o Portavoz Socialista, Pepe Rivera, manifestoulle o Alcalde que non debía de faltar a verdade dicindo na prensa que non se constituíra a Mesa do Comercio porque non quixera a oposición, botándolles enriba aos comerciantes. Rivera díxolle ao Sr Castiñeira, que non é certo que non quixese que se levase a cabo a constitución de dita mesa, máxime cando ese expediente xa fora iniciado cando os socialistas estaban no Goberno Municipal. Lembremos que foi un tema que quedou enriba da mesa no pasado Pleno porque na comisión informativa o Sr.Cancio dixo que podía ser o caso que mais asociacións puideran entrar na mesa de Comercio, optándose por facultar ao Alcalde para que fixera as averiguacions pertinentes e que informara no Pleno e cando se lle preguntou si fixera as xestións e dixo que non, acordouse deixar o asunto riba da mesa pendente de facer as xestións mencionadas anteriormente. No pleno celebrado este xoves volveu o punto a pleno, con todo feito e informado polo que o PSdG-PSOE votou favor. Rivera díxolle ao Alcalde que non lle parece correcta a súa forma de actuar culpando os demais dos seus olvidos. A mesa Local de Comercio quedou constituída por unanimidade da Corporación.
27/04/2012
O PSdG-PSOE votou a favor das mocións para a defensa da Sanidade Pública e da Educación Pública e a moción para o rexeitamento das fumigacións das plantacións de Eucalipto con Flufexonuron. Estas mocións aprobáronse co voto a favor do PSdG-PSOE, UNIFOZ e BNG, o Partido Popular votou en contra.
Aprobouse unanimemente unha moción de UNIFOZ para solicitar a Deputación unha máquina limpa-praias.Os socialistas manifestaron na explicación de voto, que si había suficientes máquinas de este tipo xa en funcionamento debería de mirarse a súa utilización de maneira conveniada a fin de non facer gastos innecesarios.
O PSdG-PSOE presentou unha moción para que non se amortizara ningunha praza no Xulgado de Paz de Foz, esta amortización xa foi plantexada pola Xunta de Galicia aos Sindicatos e suporá a perda de un empregado en dito Xulgado co conseguinte detrimento da atención o cidadán cando a persoal existente nestes intres no Xulgado é necesario para o correcto funcionamento do mesmo. A moción foi aprobada por unanimidade da Corporación.
O PSdG-PSOE, sen éxito, plantexou unha moción para que o Concello fixera unha rebaixa nas cotas da Piscina Municipal ás familias con membros en paro e con ingresos inferiores o salario mínimo interprofesional, dita moción foi rechazada como tal, polo PP e o Alcalde, aducindo que debía ser un rogo, polo que plantexamos o rogo esperando que se tome en conta.
Rogouse tamén por parte do Grupo Socialista a posta en marcha dos contedores soterrados en San Martiño preto da Basílica, que levan un ano pendentes do seu funcionamento.
O alumeado do Caritel que circunda a Basílica está deteriorado e hai luces avariadas, polo que rogamos que se reparen, comunicando a vez que os veciños da parroquia de San Martiño están preocupados por este tema.
Rogan os socialistas, que xa que eliminaron o servicio de recollida do lixo co sistema de cubos que había co anterior Goberno, poñendo de novo contedores estes deben de suxeitalos correctamente, pois cando hai vento andan a libre albedrío co conseguinte perigo para persoas e vehículos. Rivera mostrou un artigo de prensa onde se reflexa que instalaron o sistema de cubos en Monforte con unha moi boa acollida polos veciños da Cidade do Cabe, manifestándolle o Equipo de Goberno – xa ven- e vostedes van cara atrás.
No apartado de preguntas, Rivera explica que facer traballos con fondos públicos para fins privados ten un nome prevaricación, e o goberno deu a orde de segar un xardín na Rúa Álvaro Cunqueiro que é propiedade dunha comunidade de veciños posto que nunca se cedeu ao Concello e polo tanto corresponde a esta Comunidade limpar dito espacio. Vai vostede pedir a cesión de dito espacio para o Concello, preguntou Rivera ao Alcalde? Respondendo o Alcalde, – estábamos confundidos e por suposto vamos a pedir a cesión-. Esperemos.
Preguntouse cando pensan limpar a fonte do Souto en Mañente. A resposta,tomamos nota.
Na terceira pregunta Rivera interesase polo publicado nos últimos días na presa no tema do asilo dicíndolle ao Alcalde que -xa que vostede se cansou de dicir que o acordo co Asilo do anterior Alcalde era de que lle había que dar o Asilo 30.000 euros anuais.¿Porque non llos da vostede agora?. A resposta do Alcalde que o acordo interpretábase así.
Rivera recordoulle que – “Os únicos que axudaron ao Asilo economicamente foron o Goberno que a miña persoa presidía no Concello, achegándolles unha aportación de 30.000 euros e a Deputación Provincial, que recentemente lles fixo unha achega de 35.000 euros.Vostedes Sr.Alcalde 0 euros e a Xunta 0 euros tamén, e que despois desa actuación tan brillante que teñen aínda teñamos que escoitalos. Incrible”-
Remitido




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



