Campaña Día da nai do Casco Histórico de Viveiro
Para conmemorar a festividade do Día da Nai, a Asociación de Comerciantes Casco Histórico de Viveiro organiza a campaña “Unha foto con mamá”. O venres día 4 de maio de 17 a 20:30 horas e o sábado de 11 a 14 horas, na carpa situada na Praza Maior de Viveiro instalaremos un pequeno estudo fotográfico onde realizaremos unha sesión de fotos a todas nais que se acheguen cos seus fillos/as, ou ata a tres xeracións xuntas, avoas, fillas e netos/as.
O obxectivo é buscar a mellor imaxe que capte a esencia do Día da nai. Todas as fotos serán valoradas por un xurado e a que obteña a mellor valoración será a gañadora de 300 euros en vales de compra a trocar no prazo dun mes. Todas aquelas persoas que queiran levar algunha das súas fotos de recordo, poderán facelo nas oficinas do Casco Histórico, abonando un importe simbólico como colaboración coa Asociación.
Buscamos a imaxe das mamás de onte e de hoxe, das máis tradicionais ás máis modernas e actuais. Distintas xeracións de nais cos seus fillos que mostren á nosa cámara que “Nai non hai máis que unha” e iso reflíctese na complicidade que temos con elas.
Unha actividade para realizar en compañía das nosas nais, fillo/as, avoas, netos/as e quedarnos cun bonito recordo do Día da nai do ano 2012, porque elas, merécenllo todo.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



