
O equipo Infantil celebrando a clasificación e saudando o publico o remate do partido ante o Ribadeo
Hoxe, temos que felicitar o equipo INFANTIL do C.D.Foz que o sabado acadou por segundo ano consecutivo a clasificación matemática para xogar a fase de ascenso a Liga Galega a falta de duas xornadas para o remate da competición.Os pupilos de Burunda derrotaron no Martinez Otero o Ribadeo por 1-0 en un partido mui ben xogaron polos pupilos de Burunda, e onde a falta de acerto impideu unha maior goleada.Agora a intentar conseguir o campionato.Pola sua parte os CADETES golearon o pechacancelas E.F.Polvorin por un rotundo 10-0, e estan a un so punto de conseguir tamen a clasificación matemática para a fase de ascenso a Liga Galega, que a ben seguro lograra este martes en Friol en partido adiantado onde un só punto lles chega para acadar o obxetivo.Os XUVENIS voltaron a senda da derrota e caeron en Xove por 3-2 e xa esperan o remate de esta nefasta tempada.Sorte para todos e Aupa Foz Aupa.
Remitido