GONZÁLEZ BARCIA AGARDA UNHA IMPORTANTE PRESENCIA DE TÉCNICOS E PROFESIONAIS NAS XIX XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR 2012 E NO XIII ENCONTRO EMPRESARIAL E DE ORGANIZACIÓNS PESQUEIRAS, QUE SE CELEBRARÁN EN BURELA OS DÍAS 10 E 11 DE MAIO. O EVENTO PRESENTÓUSE ESTE MEDIODÍA EN SANTIAGO.
Burela, 2 de maio de 2012. O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, agarda que se aborden con seriedade e con rigor os problemas do sector pesqueiro nas xornadas técnicas e no encontro empresarial e de organización pesqueiras, que se desenvolverán a vindeira semana. O evento foi presentado este mediodía en Santiago de Compostela.
O rexedor explicou que “o motivo de vir aquí a Santiago é o interés que ten a Fundación Expomar en que as xornadas cada vez sexan máis coñecidas e que conten cada vez con máis asistentes e que os encontros empresariais sirvan realmente para potenciar un sector coma o pesqueiro, que ten un peso específico enorme tanto na economía burelesa como na mariñana”.
González Barcia pensa que “é bó que a Fundación Expomar achegue o seu traballo a Santiago e para eso contamos coa axuda, xa recoñecida durante anos, da propia Xunta de Galicia. Estas xornadas nacen co espíritu de tentar buscar solucións a un sector que está nunha situación de crise permanente, pero que este ano coa aplicación de novas normas coma o diario electrónico de a bordo, etc, ou a problemática que teñen coas titulacións están máis preocupados, si cabe, que en edicións anteriores”.
O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar considera que “as xornadas técnicas e o encontro empresarial servirán para poñer enriba da mesa cal é a problemática real que ten o sector agora mesmo e o elenco dos participantes teñen a suficiente categoría como plantexar os temas con rigor e ao mesmo tempo buscar solucións entre todos”. A XIX Xornadas Técnicas Expomar 2012 e o XIII Encontro Empresarial e de Organizacións Pesqueiras celebraránse os días 10 e 11 de maio en Burela no salón de actos da confraría de pescadores e nas instalacións de Absa.
José Mª González Barcia agarda “unha asistencia importante tanto por parte de técnicos como de profesionais do sector. E agardamos que se plantexen con seriedade e con rigor os problemas que ten o sector e tamén as solucións. Todos somos conscientes de que a pesca ten un marco normativo que, en grande medida, ven vinculado ás decisión que se poidan adoptar desde Unión Europea”.
O rexedor burelés subliñou que “o sector pesqueiro está altamente profesionalizado, altamente concienciado de que para seguir faenando hai que facer sacrificios, pero ao mesmo tempo hai que facer modificacións dentro do ámbito legal. E a Fundación Expomar estará sempre e en todo momento comprometida na busca de solucións e de alternativas”. González Barcia agradecéulles ás diferentes administracións a súa participación neste evento, “tanto ao gobernal central pola presencia dalgúns dos ponentes que participarán nas conferencias, á Xunta de Galicia polo mesmo e pola súa aportación económica ao igual que á Deputación Provincial de Lugo pola súa colaboración económica. E detrás de todo está o Concello de Burela, tutor da Fundación Expomar, adoptando as iniciativas que temos que adoptar que son estar cun sector ao que Burela lle debe moito e non podemos eludir a nosa responsabilidade”.
As XIX Xornadas Técnicas Expomar 2012 e o XIII Encontro Empresarial e de Organizacións Pesqueiras foi presentado este mediodía en Santiago polo secretario xeral do Mar, Juan Carlos Maneiro, e polo presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, José Mª González Barcia, entre outros. Tamén acudiron ao acto representantes da confraría de pescadores de Burela, de Absa, da OPP 07 e da Fundación Expomar.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



