O VINDEIRO LUNS, 7 DE MAIO, ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA VIAXE AO BALNEARIO DE GUITIRIZ, QUE UN ANO MÁIS ORGANIZAN A CONCELLARÍA DE IGUALDADE E O CENTRO DE INFORMACIÓN ÁS MULLERES.
Ribadeo, 2 de maio de 2012. Voltan os Domingos a pé e a viaxe ao balneario de Guitiriz que organizan a Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres.
O vindeiro luns, 7 de maio, ábrese o prazo de inscrición para participar na viaxe ao balneario de Guitiriz. A cota é de 23 euros e as interesadas en acudir poden anotarse chamando ao teléfono do CIM 982 120 739 ou enviando un correo electrónico á seguinte dirección cim@ribadeo.org O prazo para inscribirse remata o 16 de maio. A viaxe ao balneario de Guitiriz será o 20 de maio e a saída está prevista para as 14:15 horas desde o parque de San Francisco.
A nova edición dos Domingos a pé comezará o 3 de xuño co roteiro do río Landro-Viveiro e seguirá o 1 de xullo co roteiro Rinlo-Ribadeo.
Desde o CIM lembran “rematábamos o outono cos Domingos a pé. Esas rutas que nos levan por paraxes ignorados, pero que están ao noso carón. No outono fumos a San Cibrao, un paseo por esa fermosa vila mariñá, descoñecida para moitas das nosas sendeiristas, a pesares da cercanía. Tamén estivemos no outro lado da ría de Ribadeo facendo unha ruta polas beiras de Castropol. E a volta foi emocionante baixo a oleaxe dun barco que nos devolveu á outra orilla e a moitas das mulleres que nos acompañaban regaloulles unha nova experiencia ou aventura para o seu diario de vida”.
E explican que “coa chegada do mes de maio voltan os nosos Domingos a pé, ese tempo noso, só das mulleres adultas da casa, un tempo para nós, para compartir con outras veciñas e amigas as nosas preocupacións, para evadirmónos das tarefas diarias cotiás, e para rirmónos un pouco e facer exercizo. Buscamos ese tempo propio tan difícil de conseguir no caso das mulleres sometidas á xornada laboral e á compatibilización da mesma coas tarefas domésticas e as veces coa tarefa engadida de coidados das persoas maiores da casa. Esa dupla e triple xornada require un respiro. E ás veces non somos capaces de facelo. Por iso organizamos ao longo do ano actividades de ocio exclusivamente dirixidas ás mulleres. Son medidas de intervención positiva para favorecer ese tempo propio na vida das mulleres”.


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



