Uns 45 xubilados cervenses visitaron a Cidade da Cultura de Santiago
-As persoas participantes percorreron o complexo durante preto de 2 horas e tamén visitaron a praza do Obradoiro e o casco histórico compostelán
-A seguinte visita incluída no programa complementario do Día do Xubilado será o 16 de xuño á Semana Verde de Silleda
Cervo, 14 de maio de 2012-Preto de 45 xubilados de Cervo viaxaron esta fin de semana á capital de Galicia para visitar o complexo arquitectónico da Cidade da Cultura. As persoas participantes desprazáronse en autobús ata o monte Gaiás, onde se atopa situada esta construción contemporánea.
O tempo acompañou e os maiores percorreron en grupo a Cidade da Cultura durante 2 horas, visitando tanto a zona exterior, coas Torres Hedjuk e a praza central, como o interior daqueles edificios que xa están rematados e que xa dispoñen de contidos culturais, como son o Museo, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia. Precisamente neste último edificio a comitiva puido ver a exposición “Orixes do cómic en Galicia”, mostra que chamou moito a atención dos visitantes cervenses, que descubriron que algúns dos traballos expostos pertencían ao ilustrador José María Cao Luaces, nacido en Santa Mariña de Cervo. Despois de visitar a Cidade da Cultura, dirixíronse cara a praza do Obradoiro e pasearon polas rúas do casco histórico compostelán.
Esta visita enmárcase dentro do programa complementario deseñado polo Día do Xubilado e conserva o obxectivo de todas as actividades dirixidas a este colectivo, como é “que as persoas xubiladas compartan tempo de lecer en boa compaña” asegura a edil de Servizos Sociais, Tania González, que tamén participou nesta visita. “No caso das excursións” engadiu a concelleira, “aproveitan para visitar lugares que lles eran descoñecidos ou achegarse de novo a aqueles que lles gustaron”.
A segunda das visitas incluídas no programa está prevista para o 16 de xuño, á Semana Verde de Silleda. O prazo para inscribirse permanecerá aberto dende o 28 de maio ata o 8 de xuño, na Casa da Cultura de San Ciprián.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



