FERNANDO SUÁREZ ASINOU DOUS NOVOS CONVENIOS DOS ARIS DE RIBADEO E DE RINLO. O IMPORTE ASCENDE A 1.037.500 EUROS PARA INVERTIR NOS VINDEIROS CATROS ANOS. O ALCALDE DIXO QUE “ASÍ DAMOS UN PASO ADIANTE NA REHABILITACIÓN DOS DOUS CONXUNTOS HISTÓRICOS QUE TEMOS NO CONCELLO”.
![]()
Ribadeo, 14 de maio de 2012. O alcalde, Fernando Suárez, asistiu en Santiago á sinatura de dous novos convenios dos ARIS de Ribadeo e de Rinlo. O rexedor sinalou que “continuamos así dando un paso adiante na rehabilitación dos dous conxuntos históricos que temos en Ribadeo”. O importe dos convenios ascende a 1.037.500 euros, dos que o Concello aportará o 19%. Serán 200.000 euros os que destine á rehabilitación de espazos públicos.
O rexedor manifestou que “coa sinatura destes dous novos convenios das áreas de rehabilitación integral de Rinlo e de Ribadeo continuamos dando un paso adiante na rehabilitación dos dous conxuntos históricos que temos no noso concello. É unha inversión moi importante a que teremos que facer o Concello, o Ministerio e a Xunta ao longo dos vindeiros catro anos. Sobre un total de 1.037.500 euros de investimento o Concello terá que aportar o 19% desta cifra, é dicir uns 200.000 euros. Con esto, como outras veces, o que se fará é subvencionar a rehabilitación de vivendas, onde os particulares tamén terán que poñer unha parte, ao igual que Xunta e Ministerio. O Concello o que fai é rehabilitar espazos públicos tanto en Ribadeo coma en Rinlo”.
Suárez Barcia dixo que “estas iniciativas que tratan de recuperar o patrimonio, tanto o privado coma o público, aparte de beneficiar aos directos moradores desa zona tamén benefician a todo o oncello, poñéndoo máis atractivo para que sexa unha fonte de riqueza desde o punto de vista do turismo e para que a xente cando veña a Ribadeo poida ver un casco vello en proceso de rehabilitación, máis vivo que hai uns anos… E ao mesmo tempo é un apoio moi importante a estas actuacións que desde o Concello facemos, por unha banda axudando á xente a que rehabilite e por outra con aquela que ou non vive en Ribadeo ou se desentende do seu patrimonio aplicando unhas medidas máis coercitivas que tamén están dando resultado”.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



