O “CAMIÑO NATURAL DA COSTA” RECUPERARÁ SENDAS MARÍTIMAS E ABRIRÁ NOVAS OPORTUNIDADES PARA O TURISMO NA MARIÑA
? A delegada territorial, Raquel Arias, participou hoxe nunha reunión co alcalde de Foz para abordar o deseño de posibles trazados para a senda ao paso polo municipio focense
? Na realización do proxecto aproveitaranse camiños xa feitos e abriranse tramos peonís que neste momento están en desuso pola maleza para a revalorización dos espazos naturais
Foz, 22 de maio de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (MATI) está a desenvolver o proxecto “para unir mediante unha ruta costeira toda a costa da Mariña”.
A representante do Executivo galego na provincia de Lugo fixo esta comunicación, precisamente, logo dunha reunión mantida co alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeiras, para analizar polo miúdo “as distintas opcións existentes para este trazado, o Camiño Natural da Costa, ” ao paso pola fronte costeira deste municipio. Arias apuntou que estes traballos enmárcanse nun convenio en marcha dende hai anos entre a Xunta e o Executivo central.
Logo de ter en conta o crecente interese polas rutas de sendeirismo rural, o contacto coa natureza e o exercicio ao aire libre, “os fins principais do antedito proxecto son a conservación dos espazos naturais e a súa posta en valor a través da recuperación das infraestruturas caídas en desuso”, segundo indicou a delegada.
Arias explicou que a redacción e posterior execución deste proxecto reporta de xeito directo un dobre beneficio. Por un lado, a creación de empregos directos para a realización da actuación e, por outro, o impulso de novas alternativas para o sector turístico da Mariña.
A reunión, na que tamén participaron técnicos da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de MATI, forma parte “das xuntanzas que se están a desenvolver cos alcaldes dos distintos concellos para a delimitación das posibles opcións do trazado”, segundo expuxo Arias. En total, o traxecto do Camiño Natural da Costa estímase que pode constar de arredor de 144 quilómetros dende a desembocadura do Eo ata o estuario do Sor na ría vicedense.
Este proxecto, que está xa en fase de redacción por parte de Conservación da Natureza, “incrementará a rede de itinerarios de interese natural existentes na comunidade”, subliñou a delegada territorial. A ruta parte da recuperación de camiños de valor natural -outrora empregados por mariñeiros e pescadores da zona, nalgún dos casos- para facilitar a súa unión dende Ribadeo ata O Vicedo. Arias apuntou que esta iniciativa promocionará a comarca “cunha proposta saudable e que fará máis doado o acceso e o tránsito dos visitantes por lugares dunha beleza extraordinaria, revalorizando a zona de xeito global”.
As reunións que están a manter técnicos do departamento de MATI cos alcaldes da costa de Lugo estanse a facer co fin de depurar as mellores opcións para o camiño en cada municipio. “Deste xeito, segundo as previsións da consellería, a redacción do proxecto estímase que podería estar rematado este mesmo verán”, concluíu Arias.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



