Abero a tódalas persoas que o desexen, en dúas categorías A: concursantes ata 14 anos e Categoría B: concursantes maiores de 14 anos. O tema debe ter -necesariamente- relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira. O encabezamento do traballo será: XXVIII Feira do Bonito, e deben aparecer tamén o lugar e a data de celebración da mesma: Burela, 4 de agosto de 2012. A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son: Cat. A: 15 x 20 cm. Cat. B: 50 x 65 cm. 7. Cada autor pode presenta-los traballos que desexe, vindo estes sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior e a súa categoría no exterior. Os traballos poden entregarse ata o día 7 de xuño de 2012 no Local social de Ledicia, de xeito persoal os mércores entre as 20:00 h e as 22:00 h. ou a través do servizo de Correos. O enderezo é: Rúa do Ril nº 4 entr/baixo 27880 – Burela. Premiarase un traballo por categoría.Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



