O BNG INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLA FALTA DE ACTIVIDADE DO SERVIZO GARDACOSTAS NA MARIÑA
Mentres se produce esta parálise a Consellaría de Pesca anima ás confrarías a que organicen cós seus medios a vixianza dos bancos marisqueiros.
A Mariña, 28 de maio de 2012. Bieiro Lobeira Dominguez en Manuel Parga Núñez, deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego(BNG), ao abeiro do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte pregunta para a súa respostas oral en comisión, relativa á inactividade o Servizo de Gardacostas de Galiza na costa da comarca da Mariña:
Hai xa mais dun ano que non hai ningunha embarcación de vixilancia pesqueira do servizo de gardacostas de Galiza en ningún porto da comarca da Mariña. Esta decisión é irresponsábel pois deixa os bancos marisqueiros e os caladoiros pesqueiros sen ningunha protección e nunha situación de auténtica indefensión, mais aínda en tempos de incremento do furtivismo como os que se están a vivir na actualidade.
Estas son as razóns que levan ao BNG a formular as seguintes preguntas para resposta oral na Comisión de Pesca:
1) Por que razón se deixa a costa da Mariña sen ningunha embarcación de vixilancia pesqueira con base permanente nalgún dos portos da comarca?
2) E consciente do impacto desta situación sobre o sector pesqueiro e marisqueiro?
3) Ten previsto a Consellaría do Medio Rural e do Mar rectificar esta situación?




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



