Dez membros da recentemente elixida cúpula provincial socialista perciben soldos da Deputación de Lugo en calidade de asesores, persoal de confianza, de libre designación ou na súa condición de cargos públicos remunerados
A Executiva provincial do PSOE cústalles a todos os lucenses máis de 400.000 euros ao ano
? Cada anualidade a Deputación destina máis de 70 millóns das antigas pesetas do diñeiro público saído dos petos do lucenses para soportar o proxecto personalista de Gómez Besteiro que busca converter ao ente provincial na axencia de colocación dos seus correlixionarios máis próximos.
? A esta cantidade haberá que engadir outros pagos en concepto de dietas, complementos e o custe do persoal de confianza da outra parte do Goberno provincial, os nacionalistas, que teñen un comportamento similar nesta materia
? O número dous dos socialistas, Juan Carlos González Santín, en calidade de Asesor Nivel I, adscrito a área de presidencia, cobra 50.567.30 Euros anuais
Lugo, 9 de xuño de 2012.- A recentemente elixida nova Executiva provincial do PSOE cústalle a todos os lucenses máis de 400.000 euros ao ano. Así o denunciaron hoxe desde o Partido Popular tras revelar que dez membros da cúpula socialista provincial perciben soldos da Deputación de Lugo en moi diversos conceptos: como persoal de confianza, asesores, traballadores de libre designación -nomeados a dedo- ou na condición de cargos públicos remunerados.
Cada 365 días a Deputación provincial lucense se ve na obriga de detraer 70 millóns das antigas pesetas para soportar o proxecto personalista de Jose Ramón Gómez Besteiro que quixo converter ao ente provincial na axencia de colocación dos seus correlixionarios máis próximos. Unha inxente cantidade de diñeiro público que non pode destinarse a outros servizos moito máis urxentes e prioritarios e que procede na súa integridade do peto de todos os lucenses, que os pagan a través dos seus impostos.
CÚPULA SOCIALISTA A SOLDO DA DEPUTACIÓN
Da nova Executiva Provincial Socialista forman parte tres asesores directos da área de Goberno da Presidencia da Deputación da que é titular Gómez Besteiro: Juan Carlos González Santín que percibe un mínimo de 50.657,30 euros, Pablo Rivera Capón, e Alfonso Orol Castro con soldos de 34.527 euros ao ano respectivamente.
Tamén o actual secretario de Educación e Lingua da Executiva provincial socialista, Jose Carlos Ferreiro Otelo, percibe un salario mínimo de 37.800 euros ao ano, na súa condición de asesor en comisión de servizos como profesor.
A estes catro membros da cúpula do PSOE cuxo soldo pagan todos os lucenses deberíamos engadir os 50.391,04 euros que percibe Álvaro Santos Ramos, que ten recoñecida unha dedicación exclusiva ao servizo do grupo socialista.
Xunto a eles perciben soldo da Deputación de Lugo os actuais cargos públicos Juan José Díaz Valiño (50.391,04 euros), Jose Ramón Val Alonso (50.391,04 euros), Pilar García Porto (25.737,32 euros) aos que habería que sumar o salario mínimo que percibe Gómez Besteiro de 63.502,46 euros.
Tamén Javier Cerquero González comparte o privilexio de formar parte da cúpula socialista (neste caso da Comisión de Control Económico) e o luxo de percibir unha remuneración da Deputación por importe de 41.474,02 euros.
Os populares insisten que todos os datos proporcionados son públicos por canto aparecen reflectidos ou nos respectivos nomeamentos publicados no Boletín Oficial da Provincia ou na relación de postos de traballo e retribucións da Deputación Provincial. No caso específico de Jose Piñeiro Díaz, membro tamén da Executiva Socialista saben que traballa para o Gabinete de asesores do PSOE no ente provincial pero descoñece a contía e método polo que percibe a súa remuneración
UN CUSTE AÍNDA MOITO MAIOR
A cifra dos máis de 400.000 euros que a cúpula do PSOE custa a todos os lucenses podería ser moito maior se temos en conta que as remuneracións descritas hai que engadir outros pagos suplementarios en concepto de dietas e complementos, ou pola participación como membros de consellos de dirección de entes públicos dependentes da Deputación ou gastos de representación.
A esta elevada cantidade, lembran os populares, tamén habería que engadir un custe equivalente e proporcional, derivado de pagar cada mes ao persoal de confianza da outra parte do Goberno provincial, neste caso a que corresponde aos dirixentes nacionalistas, polo que o custe final podería ser disparatado, sobre todo nos tempos que corren que se fai máis necesario que nunca aplicar políticas de austeridade e responsabilidade orzamentaria.
Lonxe das boas intencións e dos anuncios propagandísticos que Gómez Besteiro fixo ao inicio da actual lexislatura na que se comprometeu a reducir o custe do persoal de confianza ao servizo do bigoberno provincial, o certo é que os datos amosan que a Deputación de Lugo segue a ser a axencia de colocación preferente dos dirixentes PSOE e dos correlixionarios de maior confianza do propio Gómez Besteiro, aos que habería que engadir prácticas similares por parte dos socios do PSOE no Executivo, os designados polo BNG.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



