Sufrindo, pero o final consigueuse. Os Infantís do C.D.Foz gañaron por 2-1 o Rayo Sadense, e clasificase para a seguinte ronda da fase de ascenso a Liga Galega, xa que no partido de ida o resultado fora de empate a cero. Gran entrada de público no Martinez Otero, a onde se achegaron a animar os rapaces, que empezaron da peor maneira posible, xa que o remate do primeiro tempo perdían por 0-1 e xogando un mal encontro. Tra-lo paso polo vestiarios os pupilos de Burunda tiraron de casta e orgullo e conseguiron darlle a volta ao marcador con dous goles de Gonzalo , e rematar o partido coa vitoria por 2-1,e sacando a eliminatoria adiante. Agora espéranos o Imperator coruñés, autentico “coco” da fase segundo comentarios, pero nó s confiamos nos nosos rapaces e xuntos podemos logralo.Sempre Aupa Foz Aupa.
FOTO : Equipo infantil do C.D.Foz que saíu titular ante o Rayo Sadense o que gañaron por 2-1.