Jose Manuel Balseiro cualifica esta obra como prioritaria para a Mariña de Lugo e adianta que o PP “non renuncia e mantén o compromiso” de executala segundo o adiantado polo Presidente da Xunta
O PP MANTÉN O SEU COMPROMISO COA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA E ANUNCIA A PRESENTACIÓN DUNHA INICIATIVA PARA IMPULSAR ESTA ACTUACIÓN
A proposta de socialistas e nacionalistas falaba de poñer en marcha “un plan director do Hospital da Costa”, que non existe porque o bipartito nin o elaborou nin lle dotou de orzamento real
O Plan funcional que data do ano 2009 ademais de ser un documento incompleto e obsoleto non incorpora as necesidades en infraestruturas e ferramentas tecnolóxicas modernas conforme ás novas técnicas médico-cirúrxicas
Santiago, 20 de xuño de 2012.- Logo da falta de vontade de PSOE e BNG por chegar a un acordo hoxe no seo da Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, o deputado popular Jose Manuel Balseiro confirmou que o Grupo Parlamentario Popular e polo tanto, a forza de goberno na Xunta, presentará unha proposición non de lei na que reafirmará o seu compromiso coa ampliación do Hospital da Costa e co estudo das fórmulas de financiamento e xestión precisas para impulsar e acometer esta obra.
“Apostamos por esta ampliación. Somos os primeiros interesados nela. Mantemos o compromiso de adaptar o Hospital ás necesidades asistenciais actuais, tal e como explicou e comprometeu o propoio Presidente da Xunta”, dixo Balseiro, quen anotou que “farémolo garantindo que a obra proxectada converta ao Hospital da Costa nun centro hospitalario moderno, na vangarda das novas tendencias médico-cirúrxicas e non poñendo en marcha un proxecto caduco, que faga que unha vez rematadas as obras, o hospital xa quede obsoleto”
Os popualres defenden que “a ampliación do Hospital da Costa é a obra prioritaria da Mariña e sinalan que fronte aos anos de sequía do bipartito, “durante os que o compromiso foi cero e o investimento en obras tamén cero”, a Xunta debe continuar impulsando as melloras asistenciais e desenvolvendo unha xestión eficiente, como instrumento para garantir o mantemento das prestacións e os servizos”. Neste sentido, Balseiro lembrou que “foi o PP quen levou adiante a obra de ampliación da área de maternidade, reforma da cuberta, rampa e zona de acceso, ademais de dotar a este hospital de novos aparatos e tecnoloxías que precisaban ser renovadas. “Actuacións que puido e non quixo levar adiante o bipartito”, indicou.
Por outra banda, Jose Manuel Balseiro puxo de relevo o cambio de discurso do PSOE e BNG, sobre todo dos nacionalistas, “que de asegurar que o hospital iba que pechar e que teríamos que marchar a Lugo, agora recoñecen que a prioridade é amplialo, porque está funcionando a pleno rendemento”
ASBURDOS E CONTRADICIÓNS DE PSOE E BNG
Balseiro explicou que “foi imposible sumarse á inicitiva do PSOE debatida hoxe na Cámara galega porque, entre outras razóns, incorría en múltiples absurdos e contradicións”. Os socialistas, que dicían que se trataba dunha obra urxente, levaban 16 meses coa iniciativa rexistrada no Parlamento e sen tratala. Incluso o acordo proposto era erróneo, xa que pedía poñer en marcha o plan director durante o ano 2011, cando esta data está máis que superada, pois estamos en xuño do 2012. “O que dá mostra da falta de seriedade e rigor nas súas propostas”, manifestou o deputado popular.
O texto final transaccionado entre socialistas e nacionalistas falaba de poñer en marcha “un plan director do Hospital da Costa, que non existe porque o bipartito nin o elaborou nin lle dotou de orzamento algún. Actualmente tan só existe un plan funcional elaborado no seu día polo bipartito, “que ademais de ser un documento incompleto e obsoleto non incorpora as actuais necesidades en infraestruturas e ferramentas tecnolóxicas modernas conforme ás novas técnicas médico cirúrxicas”, sinalou.
Os populares manteñen que a ampliación do Hospital da Costa ten que facer deste un centro de vangarda, que inclúa, por exemplo, as dotacións e infraestruturas necesarias para aplicar as técnicas cirúrxicas laparoscópicas (operacións con mínimas incisións), salas de probas para endoscópias, novos espazos para cardioloxía, e espazos para novas unidades de corta estancia, medicina cirúrxica, coidados intermedios e aumentar a UCI. Algúns destes espazos non están contempaldos polo plan do bipartito.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



