GONZÁLEZ BARCIA CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A DISFRUTAR O VINDEIRO 7 DE XULLO DA PRIMEIRA FESTA CASTREZA DE BURELA. O ALCALDE AGRADECE O TRABALLO E O INTERÉS DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES PARA LEVAR ADIANTE ESTA CITA.
Burela, 28 de xuño de 2012. O alcalde, José Mª González Barcia, convida a veciños e visitantes a disfrutar o vindeiro 7 de xullo da primeira festa castrexa de Burela. O rexedor tivo palabras de agradecemento para a Asociación de Comerciantes e subliñou que nas vindeiras edicións se lle dará un significado máis histórico a esta cita.
A primeira festa castrexa está organizada pola Asociación de Comerciantes de Burela e conta co apoio incondicional do Concello. González Barcia quixo este mediodía “recoñecerlles e agradecerlles o seu traballo e o seu interés para sacar esta festa adiante e pedir a colaboración todos os cidadáns para que participen de forma activa na festa. Queremos que sexa un bó punto de arranque para que se poidan celebrar máis edicións desta festa castrexa. Nós pretendemos, ACIA e o Concello, que esta festa teña a medio prazo a mesma repercusión, salvando as distancias, que pode ter o Arde Lucus en Lugo ou a fin de semana renacentista que se celebra en Viveiro”.
O alcalde burelés contou que “estamos notando moita expectación por parte da xente, sei e coñezo que hai bastantes grupos de persoas que se van integrar en clans para poder participar de forma moi activa na festa. Burela vai estar decorada como se merece para unha celebración tan emblemática e tampouco se nos pode esquecer a perpestiva histórica do festexo. Todo o mundo sabe que en Burela se atopou un torques de orixe celta, vinculado coa cultura castrexa, e o que queremos é darlle un significado histórico a esta festa, por iso o día antes, o 6 de xullo, pronunciará unha conferencia a historiadora, especialista en temática castrexa e directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, para darlle un contido cultural a esta festa”. Pensando xa na celebración de vindeiras edicións José Mª González Barcia explicou que “a idea é que en vindeiras edicións se lle dea a este aspecto maior relieve, tal e como se fixo no Arde Lucus, e que non se vexa só coma unha cita exclusivamente lúdica, senón que sirva para potenciar a festa e as nosas raíces históricas e achegar o seu coñecemento aos máis novos”.
O rexedor cre que “esta festa ten que ser de todos tentando vincular á xente de fora. Convidamos a todas as persoas ás que lles guste o festa, ás que se preocupen polo castrexo e ás que teñan ganas de vivir a vida unha fin de semana a que se acheguen a Burela o 7 de xullo”.
A primeira festa castrexa A guerra dos clans foi presentada este mediodía no Concello. Ao acto asistiu o alcalde, acompañado dos concelleiros de Cultura, Xuventude e Urbanismo, e unha representación da directiva de ACIA Burela.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



