O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN ACUSA AO GOBERNO DE DAR UN GOLPE DE ESTADO PARA ATRACAR AOS CIDADÁNS E EMPOBRECER AO PAÍS
Rajoy debería explicar como van asumir o custo que suporá a suba do IVE as máis de 82.800 familias galegas con todos os seus membros en paro
Antonio Veiga asegura que “todas as medidas anunciadas son un ataque directo contra os servizos públicos e o sector servizos”
“Coas políticas do executivo central a economía entrará nun círculo vicioso que requirirá máis e maiores axustes”
Lugo, 12 de xullo de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e delegado das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, denuncia que as medidas de recorte anunciadas polo presidente Mariano Rajoy “son un golpe de Estado co que se atraca ao pobo, se empobrece ao país e se deixa impunes aos auténticos causantes da crise económica e financieira que padece España”.
“Todas as medidas – insiste Veiga- son un ataque directo contra os servizos públicos, especialmente contra a educación e a sanidade, e o sector servizos. Ningunha das medidas anunciadas terá o efecto pretendido, xa que todas desincentivarán o consumo e provocarán o empobrecemento do groso da poboación. A suba do IVE e o recorte dos salarios dos funcionarios é un contrasenso; con menos diñeiro nos petos e cos produtos máis caros o consumo diminuirá, como xa ocorreu en 2010 co incremento do 16 ao 18 por cento”.
Segundo as primeiras análises, o aumento do IVE suporá unha media de entre 415 e 600 euros máis de gasto para as familias, e tan so en Galicia hai máis de 82.800 fogares con todos os membros da unidade familiar en paro que, ademais, verán reducida a súa prestación por desemprego. “Quizais Rajoy debería explicar a estas familias como afrontar este gasto, porque moitas non o poderán facer”.
Dende a Vicepresidencia do ente provincial asegúrase que a batería de recortes anunciados polo presidente do executivo central “amosa a un Goberno desnortado que quere poñer en marcha políticas alleas á realidade. Para a maior parte dos parados estar sen traballo non é unha elección, senón unha imposición; están no paro porque non atopan un posto de traballo e o Partido Popular, en lugar de por en marcha políticas de creación de emprego en sectores estratéxicos para o crecemento e a mellora da competitividade do país, opta por recortar a prestación por desemprego; medida que soamente servirá para incrementar a distancia entre os que teñen e os que non teñen un posto de traballo e para desincentivar aínda máis o consumo”.
En relación á reforma da administración pública Antonio Veiga entende que é “unha volta cara a recentralización do Estado que profundizará na fenda que xa existe entre o medio urbano e o rural que seguirá despoboándose ante a falla de oportunidades laborais e o empeoramento da educación e a sanidade. O tamaño dos municipios non é sinónimo de mala xestión económica como demostra a comparativa entre as contas do concello de Madrid e as de moitos pequenos concellos lucenses”.
“Unha vez máis – continúa Veiga- os cidadáns serán os grandes damnificados dun Goberno pouco valente que evita que os causantes da situación actual asuman as consecuencias da súa neglixente xestión. Así, os milleiros de galegos afectados polas preferentes seguen sen solucións e co rescate á banca parece aínda máis complicado que poidan recuperar os seus aforros, pero, sen embargo, a venda destes produtos tóxicos non tivo apenas consecuencias para os responsables da estafa”.
“Con este tipo de políticas do executivo de Mariano Rajoy – conclúe o vicepresidente da Deputación de Lugo- a economía entrará nun círculo vicioso, reducirase o consumo, incrementarase o paro, recaudarase menos e serán precisos novos e maiores axustes que empeorarán a situación”.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



