Luns 16 de xullo: Día do Carme. 11:00h Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas de Ourense. 12:00h Explanada do Peirao: misa solemne cantada pola “Coral Terra Mar de San Ciprián” coa ofrenda floral na honra os náufragos a cargo de Antonio Fernández Fernández, mariñeiro. A continuación Procesión da Virxe do Carme ata a Igrexa Parroquial de Lieiro, acompañada da Banda de Gaitas de Ourense, formarán parte da procesións ás imaxes de San Ciprián e San Andrés que rematarán o percorrido no Ismo e diante do Museo.
En caso de mal tempo, farase a Ofrenda Floral no porto e, de seguido, a Procesión ata Lieiro coa Misa na Igrexa de Lieiro. 14:00h Praza dos Campos: sesión vermú a cargo da orquestra Abanico. 22:00h Praza dos Campos: Gran Verbena amenizada pola orquestra: Abanico























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



