O Grupo local pregunta en pleno pola convocatoria do SAF da Deputación
O PP local pide explicacións pola non solicitude por parte do Concello da Pontenova da liña de subvención aprobada pola Deputación para o Servizo de Axuda no Fogar
O concello da Pontenova non figura entre a listaxe de municipios solicitantes da axuda da Deputación provincial destinada a sufragar unha parte dos custos locais en materia de servizos sociais
O portavoz popular, Jorge García, recorda que o goberno municipal pretende incrementar as contías que os usuarios do servizo deben aportar ao Concello
A Pontenova 26-07-2012. O portavoz do Partido Popular na Pontenova, Jorge García García, pediralle explicacións na próxima sesión plenaria ao rexedor local, o socialista Darío Campos, sobre a non inclusión do municipio da Pontenova entre os concellos que se acolleron á solicitude da subvención, en réxime de concorrencia competitiva, destinada a gastos correntes do Servizo de Axuda no Fogar aprobada pola Deputación provincial durante a anualidade 2012. Tras facerse pública a listaxe de subvencións aprobadas pola Deputación provincial, os populares queren saber o porqué o goberno local da Pontenova non figura como solicitante deste tipo de axudas concedidas aos entes locais para contribuír a manter o Servizo de Axuda no Fogar.
A través dunha pregunta na próxima sesión plenaria, o portavoz popular quere coñecer os motivos que levan a un rexedor local a privar aos usuarios do programa SAF, deste tipo de concesións económicas que permiten mellorar as condicións de vida das persoas con dependencia. O portavoz popular da Pontenova acusa ao equipo municipal de profesar unha xestión de goberno caracterizada pola deixadez e pola toma de decisións que repercuten continuamente de forma negativa no día a día dos cidadáns na localidade da comarca da Mariña.
Jorge García cualifica de contraditoria a política que está a desenvolver o goberno local en materia de servizos sociais. O popular recorda que o rexedor da Pontenova formou parte da comisión de alcaldes e portavoces creada por Vicepresidencia do organismo provincial co obxecto de esixirlle á Xunta de Galicia unha mellora na súa aportación ao Servizo de Axuda no Fogar, trala aprobación do novo decreto regulador dos Servizos Sociais que completa a lei aprobada polo bipartito no 2008 e lexisla a aportación das deputacións nesta materia. Jorge García critica que un rexedor que formou parte desta comisión agora, á hora de solicitar a contía que ofrece o organismo provincial para os concellos de Lugo, non cumpre co seu deber. Segundo Jorge García, Darío Campos amosa unha intencionalidade xestora carente de medidas produtivas que repercutan de forma positiva para os veciños.
Segundo o portavoz popular esta non é a única medida que conleva consecuencias negativas para o mantemento deste servizo. O portavoz popular recorda o plan de axuste do concello, elaborado en función do decreto de pago a proveedores promovido polo Executivo central, e sen consenso co Grupo Popular Municipal. Neste plan, o goberno local pretende incrementar a contía que o Concello lles cobrará aos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar. Ante isto, Jorge García pregúntase o porqué o rexedor local deixa de percibir axudas do ente provincial e incrementa o custe do servizo a nivel local.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



