A XUNTA DESTINA MÁIS DE 3,3 MILLÓNS DE EUROS Á VIXILANCIA E XESTIÓN DOS BANCOS MARISQUEIROS DE GALICIA
· A Consellería do Medio Rural e do Mar asinará dous convenios coas confrarías de Galicia, un deles para controlar o acceso ás zonas de pesca e o outro para xestionar as zonas de producción
As confrarías de Galicia beneficiaranse de dous convenios, un deles para controlar o acceso ás zonas de pesca e outro para a xestión das zonas de produción. O Consello da
Xunta aprobou hoxe a sinatura destes dous acordos entre as confrarías e a Consellería do Medio Rural e do Mar, por un importe de máis de 3,3 millóns de euros.
Os convenios para o control de acceso ás zonas de pesca que se asinarán coas confrarías teñen como finalidade a conservación, protección e sustentabilidade dos recursos mariños mediante operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies. Ademais, para dar cumprimento ao convenio, os asociados ás confrarías deberán coidar, controlar e facer un seguimento dos bancos marisqueiros establecendo as condicións de acceso ás zonas de pesca. O departamento que dirixe Rosa Quintana investirá 2.246.309 euros nestes convenios.
Por outra banda, os convenios para a xestión de zonas de produción teñen como obxecto realizar actividades que permitan a implantación de técnicas de semicultivo,
elaboración de proxectos de rexeneración de zonas de produción e facer un seguimento dos bancos. Neste sentido, o acordo prevé a realización de mostraxes de poboacións
dos principais bancos marisqueiros, a elaboración e seguimento dos plans de xestión, a recollida e envío ao Intecmar das mostras que amosan o estado das augas e a
elaboración e seguimento dos proxectos de rexeneración de zonas improdutivas. A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 1.102.380 euros a este acordo.
O importe de ambos os convenios será cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca nun 61%, correspondendo o restante á Administración autonómica. A súa vixencia será de
12 meses a partir da súa sinatura.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



