O EQUIPO DE GOBERNO AFIRMA QUE A CONTRATACIÓN DO GRUMIR E DOS SOCORRISTAS FÍXOSE “SEGUINDO A NORMATIVA VIXENTE”. OS POPULARES SINALAN QUE O SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DA XUNTA NON PUXO NINGUNHA OBXECCIÓN E ACUSAN AO PSOE “DE MENTIR PORQUE REMEDIOS LÓPEZ NON SE ENTEROU DE NADA”.
Burela, 2 de agosto de 2012. O equipo de goberno do Concello de Burela manifestou hoxe, en relación coa nota de prensa feita pública polo PSOE sobre a contratación de persoal, que a selección que se fixo tanto do persoal do GRUMIR como dos socorristas fíxose conforme ó disposto na normativa vixente na materia.
O Grupo Municipal do PP afirma que a información que se deu nunha comisión informativa de contratación de persoal “é veraz, pero Remedios López, unha vez máis, non se enterou de nada, e por eso o PSOE minte cando afirma que os dous procesos selectivos foron iguais”.
Os populares tamén indican que os socialistas poñen expresións na boca do alcalde que este nunca usou, e polo tanto non aparecen na acta, como entrecomilladas que fan os socialistas do manifestado polo alcalde.
Desde o equipo de goberno explican que “o proceso selectivo do persoal do GRUMIR non foi o mesmo que o dos socorristas, pero os dous procedementos son perfectamente legais. Para a selección do persoal do GRUMIR usouse o sistema de vinculación nominal, mentres que para a selección dos socorristas usouse o procedemento habitual, ou sexa, publicación de bases, presentación de candidatos, fase de concurso e entrevista. Ademais, o Servizo Público de Emprego da Xunta non puxo ningunha pega, polo que hai que entender que os dous procedementos son totalmente legais”.
O GMP indica que “é certo que hai persoas do GRUMIR facendo certas funcións, como atender o Barco Museo, ou o Punto de Información de Turismo; se se fai, é porque é preciso, e o alcalde xa deixou claro no pleno que a competencia e a responsabilidade é del”.
Os populares manifestan que “dentro do Grumir e dentro dos socorristas, hai xente afín ó PP, afín ó PSOE e afín ó BNG, pero consideramos que todos son válidos para traballar, e desde logo é unha falta de respecto e de decencia, incluso persoal, que desde o PSOE se poña en dúbida a capacidade das persoas que foron contratadas tanto para un servizo coma para o outro”.
Finalmente, desde o GMP consideran que “Alfredo Llano e López Villar son os menos indicados para falar de contratacións, porque entre os dous amañaron a contratación da segunda polo Pacto Territorial polo Emprego que presidía o primeiro. Hai que ter ben pouca vergoña para tentar darlle leccións a ninguén, despois da que liaron coa cobertura de prazas fixas de persoal de obras hai catro anos”.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



