MÁIS DE DÚAS MIL PERSOAS PASARON POLA OFICINA DE TURISMO DE BURELA DURANTE O MES DE XULLO. MÓNICA PEDRE FAI UN BALANCE POSITIVO DESTES DATOS E DOS COLLEITADOS DURANTE A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE AGOSTO.
Burela, 7 de agosto de 2012. Máis de 2.000 persoas pasaron pola oficina de turismo de Burela durante o pasado mes de xullo. A concelleira de Turismo, Mónica Pedre, fai un balance positivo destes datos e dos colleitados tamén a primeira fin de semana de agosto.
No mes de xuño foron 250 as persoas que se achegaron ata a oficina de turismo de Burela en demanda de información turística sobre o concello e a comarca. A maioría procedían de Castela-León, Galicia, Madrid e Asturias. Seguidos xa ao lonxe por País Vasco, Castela-A Mancha, Aragón, Cantabria, A Rioxa e Baleares. Pedre sinala que “en xuño a cifra é modesta, pero importante porque cada vez son máis os que elixen ese mes para disfrutar das súas vacacións e os que se achegan a Burela e á comarca da Mariña. Os que veñen marchan encantados despois de ver o porto, o barco museo, o paseo marítimo, o Monte Castelo…”. En xuño tamén chegaron a Burela cidadáns procedentes de Puerto Rico, Gran Bretaña, Francia, Brasil, Alemaña, Italia e Eslovaquia.
Xa en xullo a oficina de turismo de Burela recibiu a máis de 2.000 persoas das que 540 procedían de Madrid, 313 de Galicia, 255 de Castela-León, 224 en Asturias e 164 de País Vasco, seguidos de Castela-A Mancha, Andalucía, Cataluña, Aragón, Navarra, Valencia, Extremadura, Cantabria, Murcia, Canarias e A Rioxa. Tamén visitaron Burela 40 cidadáns franceses, 14 chegados de Gran Bretaña e varios procedentes de Italia, Portugal, Bélxica, Xapón e Panamá. A concelleira de Turismo indica que “estamos moi satisfeitos porque cada vez son máis os turistas que veñen a Burela e que disfrutan da nosa riqueza paisaxística e da nosa gastronomía. Desde o equipo de goberno seguimos a traballar para que Burela sexa elexido como destino de vacacións porque temos moitas cousas que ofrecerlles aos visitantes”.
Mónica Pedre fixo fincapé tamén na primeira fin de semana de agosto, “que se está a consolidar coma a cita máis importante que temos en Burela durante o verán, xunto coa romería do Monte Castelo. Por poñer un exemplo, o pasado sábado pasaron pola oficina de turismo de Burela 450 persoas, que para un día só é un auténtico éxito”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



