RIBADEO .- (FNC) Segun explicou o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, “o Concello ten desde hai anos desde a Área de Desenvolvemento Local unha bolsa de emprego, igual que outros concellos e igual que outras institucións; é un servizo de intermediación no mercado laboral a través do cal as empresas poden facer unha oferta de emprego a este Concello e despois o Concello, a través deste servizo, manda os curriculums que se adaptan aos perfiles que requiere a empresa en cuestión”.
Fernando Suárez engade que “neste caso Lidl, como noutros casos ocorreu con outras empresas nos últimos anos, fixo unha oferta ao Concello, que é pública porque se atopa colgada no taboleiro de anuncios da oficina da Área de Desenvolvemento Local. O Lidl fixo pública esta oferta, o Concello publicitouna e polo tanto non hai ningún tipo de favoritismo, senón todo o contrario. Nosoutros o que queremos desde o Concello é garantir a información e ¿cómo se atreven a decir que o Concello actúa con oscurantismo? Este é un servizo que favorece a búsqueda de emprego dos veciños deste Concello nunha época de crise na que o que facemos é facilitar información. Aquelas persoas que teñan eses perfiles, que nos manden os curriculums, que nós a través deste servizo llos remitiremos á empresa. Repito é un sevizo para poñer en contacto a oferentes con demandantes de emprego e nada máis”.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



