Accidente laboral
Burela, 16 de agosto de 2012. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, fixo referencia ao accidente laboral que esta mañá lle costaba a vida a un traballador de 55 anos na mina de caolín do Monte Castelo. Barcia manifestou que “hoxe tivo lugar un desgraciado accidente nas minas de Ecesa do Monte Castelo, ubicada a cabalo entre os concellos de Cervo e de Burela, e no que perdeu a vida un traballador dunha empresa subcontratada por Ecesa. Vaia desde aquí o noso pésame á familia e as nosas condolencias tanto á empresa na que traballaba esta persoa como á propia Ecesa”.
O alcalde de Burela desprazóuse ata o lugar dos feitos “e a verdade é que só se pode atribuir á mala fortuna o que hoxe ten acontecido aquí, ninguén podía supoñer que alí pasase o que pasou”. O Concello puxo a disposición das empresas e do dispositivo de rescate á Policía Local e aos membros do Grumir.