A Mesa chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo
A asociación agradece “o enorme exemplo vital de Avelino, símbolo dun país que quere continuar a existir”
Carlos Callón: “Avelino non é só un exemplo de loita do antes do 36: el foi a nosa voz fronte aos ataques contra o galego dos últimos anos. Todas e todos os que o escoitamos nas manifestacións contra a política lingüística de Núñez Feijóo temos as súas palabras gravadas a lume nos nosos corazóns”
Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012.- A Mesa pola Normalización Lingüística chora a perda irreparábel do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo, un “compañeiro incansábel que nos transmitiu o testemuño de décadas de loita do pobo galego por existir e que na novena década da súa vida continuaba cunha enorme lucidez e vontade de acción fronte aos abusos do poder”. A entidade súmase ao pésame á familia e únese ao chamamento para que todo o pobo galego homenaxee a Avelino, cuxos restos mortais estarán mañá desde as 12.30 h até as 19 h no local sociocultural da Ramallosa, en Teo.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, enfatiza que “Avelino non é só o testemuño dun pasado, alguén que nos transmitise por exemplo a memoria viva de Castelao”, senón que “foi tamén a voz rexa das mobilizacións sociais a favor do galego nos últimos anos, fronte aos ataques contra a nosa cultura por parte da Xunta de Núñez Feijóo”. “Foi un home que continuou a falar moi claro, a pesar de que o censurasen ou mesmo o chegasen a difamar na hipergobernamentalizada RTVG por se pór á fronte das mobilizacións en defensa do galego. Non só foi un loitador polo Estatuto do 36, como se recorda con razón, senón que tamén deu a cara por todas e todos nós cando por exemplo os gobernos de Manuel Fraga Iribarne quixeron manipular a Daniel Castelao ou cando se realizaron as drásticas medidas contra o galego no ensino ou na administración nos últimos anos”, subliña o portavoz da Mesa, quen asegura que “todas e todos os que o escoitamos nas manifestacións contra a política lingüística de Núñez Feijóo temos as súas palabras gravadas a lume nos nosos corazóns”.
Este exemplo vital de lucidez, enorme afabilidade humana e combate cívico pola cultura e o país estará sempre na memoria e na acción da Mesa pola Normalización Lingüística, asociación á que honrou aceptando a proposta unánime da súa asemblea de convertelo en presidente de Honra da mesma.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



