“A PRAIA DE CELEIRO ACOLLEU ESTA FIN DE SEMANA UN CAMPIONATO DE VOLEI PRAIA NO QUE PARTICIPARON 21 PARELLAS”
“A PARELLA DA CAPITAL LUCENSE “OS DOVALES” FIXÉRONSE CO TÍTULO LOGO DUNHA DISPUTADA FINAL COS CELEIRENSES “OS DOUS DE SEMPRE”
20 de agosto de 2012. A Praia de Celeiro(Viveiro), acolleu este fin de semana a II edición do Campionato de Volei Praia de Celeiro. Dende o venres ata o domingo foron 21 as parellas de distintas idades, tanto masculinas como femininas, que participaron nesta segunda edición, organizada por Iván Díaz, Javi Dovale e Ivan Santos(Peteno), e que demostraron o tirón do Volei na Praia Celeirense.
A fase inicial contou con 3 grupos de 7 parellas a modo de liguiña, disputadas venres e sábado ao que quedaron clasificados os dous primeiros de cada grupo e os dous mellores terceiros, para os cuartos de final, que se disputaron na mañá do domingo. O terceiro posto dotado con trofeo e 70 euros, foi para o equipo local formado por Mateo, Roberto e Peteno. E xa na final, impúxose por 2 sets a 1, os irmáns, Javi e Mario Dovale, procedentes da Capital Lucense, que levaron o trofeo e os 220 euros, de premio para o equipo gañador, fronte aos celeirenses “Os dous de sempre”, equipo formado polos irmáns Martín e Gabriel Rego e Santi, que levaron trofeo e os 120 euros correspondentes ao 2º clasificado.
O Campionato foi un éxito de organizacion, con numeroso público nas probas de todo o fin de semana. O domingo despois da final, e tralo sorteo de numerosos premios entre o público asistente, tivo lugar a entrega de Premios, na que participou o Tenente de Alcalde do Concello de Viveiro, Bernardo Fraga.
A organización agradece o apoio e colaboración, da Concellería de Deportes do Concello de Viveiro, Deputación de Lugo Área de Deportes, Bar Rolindes, Bar O puntal Hotpoint Viveiro e Construcciones Norván, así como o apoio de todos os pequenos comercios que colaboraron na publicidade do torneo.