Agosto Sonda Norte nas rúas de Ribadeo
O Agosto Sonda Norte vén complementando a programación cultural da vila desde a presentación de Mariñarte o día 10 de agosto, pero do que tamén forman parte a Exporock Ribadeo, varios obradoiros para grandes e pequenos, un RúaCital e algunhas outras sorpresas como a que se deu a coñecer estes días coa participación de varias bandas locais no Festival Rock Festas Patronais que terá lugar o 31 de agosto. É, sen dúbida, unha aposta que parte do talendo e das ganas de moitos e moitas artistas ribadenses que queren acompañar os días de festa con arte e música. Ademais das exposicións que se poden visitar estes días no Forte de San Damián e na Casa da Xuventude, mañá xoves ao longo da tarde, Andrea Lombardía impartirá un obradoiro de creación con plastilina no parque San Francisco. Outra cita importante será o 1 de setembro, día no que Sergio Irigoyen desenvolverá varios talleres de creación literaria. Do mesmo xeito, seguramente no marco das Festas Patronais, poderemos gozar cos versos de Silvia Murias e Víctor Villar, nun RúaCital acompañado pola guitarra de Héctor Peña.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



