O BNG DEMANDA QUE O GOBERNO CENTRAL, O DA XUNTA E A PROPIA EMPRESA SE COMPROMETAN COA CONTINUIDADE DA PLANTA DE ALCOA NA MARIÑA
Francisco Jorquera reuniuse con alcaldes, portavoces municipais do BNG da comarca e con membros dos comités de empresa de ALCOA e das industrias auxiliares.
Foz, 23 de agosto 2012.- O candidato do BNG á presidencia da Xunta e portavoz no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, demandou esta mañá que o Goberno Central, o da Xunta de Galiza e tamén a propia ALCOA se comprometan coa continuidade da planta que a multinacional do aluminio ten na Mariña.
Jorquera reuniuse esta mañá en Foz cos alcaldes do BNG da comarca, portavoces municipais e con membros dos comités de empresa de ALCOA e das industrias auxiliares para analizar as medidas a tomar ante o risco de deslocalización da planta de San Cibrao.
O candidato nacionalista á presidencia da Xunta recoñeceu que “o BNG está moi preocupado polo futuro da planta de Alcoa na Mariña porque o 31 de decembro vence o contrato de subministro de enerxía a esta planta e existe o risco de que a nova política tarifaria do goberno Central signifique un incremento dos custos do subministro da enerxía eléctrica a esta empresa, uns custos que representan xa neste momento máis do 40% dos seus custos de produción”.
“Galiza é excedentaria en produción eléctrica e isto ten que recoñecerse na tarifa eléctrica”
Isto pon en perigo a continuidade da factoría e que opte por deslocalizarse. Neste sentido, Jorquera explicou que “o BNG a través de distintas iniciativas no Congreso dos Deputados e no Parlamento Galego está instando ao Goberno Central a que dea unha solución definitiva a este problema”.
Unha solución que para o BNG pasa por “unha tarifa reducida e un contrato de longa duración para os grandes consumidores eléctricos como Alcoa”.
Neste sentido, Francisco Jorquera defendeu que “é necesario ter en conta que Galiza é un país excedentario en produción eléctrica e polo tanto precisamos un réxime tarifario que teña en conta este feito de xeito que favoreza a permanencia e instalación de industrias no noso país, como é o caso de Alcoa”.
A empresa debe garantir postos de traballo e actividade
Ademais, o candidato nacionalista á presidencia da Xunta afirmou que “para o BNG tamén ten que haber un compromiso claro por parte de ALCOA de que manteña os postos de traballo e non deslocalize actividade”.
O goberno de Feijoo debe comprometerse coa continuidade de Alcoa na Mariña
Por último, Francisco Jorquera tamén lle demandou ao goberno da Xunta “que deixe de inhibirse e asuma como prioridade a continuidade da planta de Alcoa na Mariña, do mesmo xeito que o goberno de Asturias o está a facer coa planta que a multinacional do aluminio ten no Principado.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



