VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL ATENDERÁN AS EMERXENCIAS QUE SE POIDAN PRODUCIR NAS PRAIAS DE BARREIROS DO 1 AO 15 DE SETEMBRO. FUENTE PARGA ASEGURA QUE O VERÁN DE 2012 FOI ESTUPENDO NESTES AREAIS “PORQUE ESTIVERON A TOPE E NON SE PRODUCIRON, ATA O MOMENTO, DESGRACIAS PERSOAIS”.
Barreiros, 30 de agosto de 2012. Voluntarios de Protección Civil atenderán as emerxencias que se poidan producir nos areais barreirenses do 1 ao 15 de setembro, segundo subliñaba esta mañá o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Os hostaleiros da zona colaborarán facéndose cargo da súa manutención.
O rexedor realizou hoxe unhas declaracións “despois de ver nalgún medio de comunicación que as praias de Barreiros son as máis perigosas, e despois de ver as acusacións dalgún político da oposición dicindo que hai cheiros nas praias ou que o servizo de socorrismo debería continuar nos vindeiros días”. Fuente Parga recalcou que “en Barreiros temos unhas praias maravillosas, galardoadas coa bandeira azul, uns areais que este ano estiveron a tope de visitantes, uns areais que rexistraron unha temperatura da auga superior ao de outras zonas de costa… e mal que nos pese o que hai é que destacar a calidade das praias de Barreiros”.
O alcalde tamén aludiu ao encontro que mantivo onte pola tarde cos hostaleiros sa zona, “onte mesmo cando me reunía cos hostaleiros eles estaban encantados desta temporada a pesares da crise e de que o gasto medio por visitante fose máis baixo que outros anos. Eles mesmos quedaron sorprendidos da capacidade do noso concello, da nosa costa e sobre todo na situación que estamos a vivir. Hai que pensar que se reduciu o número de socorristas, aos que onte na reunión xa se lles lanzaba unha felicitación polo traballo desenvolvido este verán, ao igual que á xente que estivo a limpar as praias e a aquelas empresas que este ano traballaron desinteresadamente para que o entorno estivese cuidado”. Para Alfonso Fuente “esto está por enriba de todo, por enriba do debate político que se poida facer sobre esta cuestión. Un político da Deputación de Lugo se queixaba nas últimas horas de que as praias ían quedar inseguras, pero téñoñe que decir que tamén se puideron desbrozar o día 1 de xullo e non o 24 de agosto as estradas de titularidade provincial. Fala tamén dos recortes de Feijoo e do alcalde e teño que lembrarlle que ata o Concello tivo que pagar o arranxo dunha estrada da Deputación que está na costa. Todo eso sí que perxudica ao turismo, pero non vou entrar nese debate”.
Fuente Parga insiste en que “este verán foi estupendo para Barreiros, pese aos recortes que tivemos que facer porque non podemos gastar máis do que temos. Foi un gran verán, afortunadamente non se produciron desgracias persoais, pode habelas hoxe ou mañá ou en calquera momento. Eu a principios do verán apelaba á responsabilidade dos bañistas e o esforzo dos socorristas, e así ten que seguir sendo. Eses rapaces que quedarán durante setembro para atender as posibles emerxencias que se poidan producir contarán coa colaboración da hostalería local. Os gastos da comida asúmenos os hostaleiros da zona”.
Para o rexedor barreirense “o ideal sería que os socorristas estivesen ata o 15 de setembro ou ata finais de mes, eu non poido opinar outra cosa, pero a responsabilidade dos gobernantes é optimizar os recursos e non gastar máis do que temos. Insisto na responsabilidade dos usuarios e que entre todos poidamos ir pasando esta travesía”.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



