A Deputación denuncia que “Feijóo pon en perigo 2,5 millóns de euros para parados e familias lucenses co adianto exprés das eleccións”
– Son os fondos para políticas activas de emprego e para as Axudas no Fogar dos convenios que “Feijóo deixou no limbo ó preferir marchar de vacacións e convocar eleccións que xestionalos”
– Como o Goberno galego está en funcións e, segundo a Lei, só pode facer xestións ordinarias, a Deputación proponlle que conceda estes 2,5 millóns de euros ós Concellos con subvencións
– Martínez subliña que “esta é a 1ª consecuencia do adianto dos comicios que Feijóo fixo por conveniencia para agochar novos recortes coma Rajoy. O mellor exemplo, a suba do IVA”
A Deputación denunciou hoxe a primeira consecuencia na provincia do anticipo “exprés” dos comicios autonómicos: “Feijóo pon en perigo 2,5 millóns de euros para parados e familias lucenses por adiantar as eleccións por conveniencia”, avanzou o voceiro socialista. Manuel Martínez explicou que esta decisión “fixo que hoxe teñamos un Goberno galego en funcións, que paraliza asuntos de enorme calado” xa que, tal e como recolle a Lei, só pode realizar xestións ordinarias. Por exemplo, pagar facturas ou nóminas. Por este motivo, engadiu o voceiro, “dubidamos moito que o Executivo autonómico poida asinar coa Deputación de Lugo os convenios en materia de políticas activas de emprego e servizos sociais na provincia que deixou pendentes”, cifrados en ditas cantidades.
Neste senso, lembrou que, no mes de xullo, o Goberno galego remitiu ó organismo provincial varios convenios, que foron avaliados, “minuciosamente”, polos servizos xurídicos da institución luguesa. Días máis tarde, “e co fin de axilizar a posta en marcha destas iniciativas na provincia”, a Deputación respostou á Xunta, adxuntado os informes resultantes, “nos que presentábamos serias cuestións de urxente solución para poder continuar a tramitación destes convenios”. Martínez puxo varios exemplos:
– “a Xunta ofrecía 1,2 millóns de euros prodecentes da Unión Europa para desempregados e establecía a súa contratación dende a sinatura do convenio e ata o 16 de novembro. Sen embargo, non aclaraba que administración xestionaría estes fondos europeos. A nosa dúbida era entón, ¿condecía estes cartos a Xunta porque non executou en tempo e forma os fondos da Unión Europea, poñéndoos en perigo, e quería agora empantanar á Deputación de Lugo para ocultar a súa nefasta xestión?”, preguntou.
– “o Goberno galego definía un mesmo convenio para a contratación de desempregados e a prestación das Axudas no Fogar polo que nós proponíamos a sinatura de dous convenios ó tratárense de temas totalmente diferentes. Ademais, tampouco aclaraba de onde proviría o 1,3 millóns de euros necesarios para a prestación destas subvencións ás 3.000 familias ás que a Xunta deixou, mediante o Decretazo, sen servizos sociais comunitarios básicos”.
Silencio logo dun mes
O Deputado subliñou que un mes máis tarde do envío de ditos informes, “o Goberno galego preferíu marchar de vacacións que respostar ás cuestións plantexadas pola Deputación, deixando no limbo estes convenios que agora, estando en funcións, dubidamos moito que poidan tramitar, ó non seren xestións ordinarias, xa que se tratan de cuestións que, claramente, alteran as competencias de ambas institucións. É dicir, Feijóo preferíu convocar eleccións por intereses persoais, poñendo en perigo estes 2,5 millóns de euros para desempregados e familias lucenses, que xestionar estes asuntos como faría un bo gobernante”, indicou.
“Unha nova solución”
Ante esta situación, “e dando unha vez máis unha posible solución a Feijóo como fixemos coa sinatura do protocolo de colaboración entre Xunta e Deputacións -que rectificou tras das aclaracións desta institución- demandamos ó Goberno galego que conceda, directamente, este importante investimento ós Concellos mediante subvencións directas, como fixo outros anos”. Martínez destacou que “a Xunta debería avaliar esta proposta co fin de solucionar a súa nefasta xestión en Lugo. Se tampouco fóra posible esta vía, Feijóo terá que explicar entón ós lucenses como foi capaz de perder 2,5 millóns de euros para desempregados e familias coa que está a caer”.
“Feijóo agocha novos recortes ó igual que Rajoy”
O Deputado remarcou que “estas son as consecuencias do adianto das eleccións que Feijóo decidiu convocar só por unha única razón: impoñer máis recortes que agocha na súa axenda oculta ó igual que Rajoy. O mellor exemplo, a suba do IVA que sufriremos todos dende mañá mesmo e que conlevará o maior incremento dos prezos na historia, novos gastos para as familias ou a destrución de miles de empregos”.
E é que habera que pagar un tipo xeral do 21%, só dos puntos por debaixo de Alemaña cando, segundo datos oficiais, a renta media per cápita do país xermano supera en 10.300 euros á galega. Os propios sectores afectados estiman que se destruirán máis de 20.000 postos de traballo en España ó detraerse o consumo. Por exemplo, as perruquerías advirtiron que en Galicia correrán risco de peche 3.000 negocios, desterrando ó paro polo menos a 9.000 persoas. Unha familia media de Galicia terá que pagar uns 430 euros máis o mes, cifra que se incrementará ata os 1.300 euros no caso dunha familia que viva da actividade agrogandeira, sector piar da economía luguesa.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



